Os socialistas acusan ao PP de "politizar" os centros educativos e "encanallar o seu funcionamento diario" co novo sistema de selección de directores e directoras de escolas e institutos

Os socialistas acusan ao PP de "politizar" os centros educativos e "encanallar o seu funcionamento diario" co novo sistema de selección de directores e directoras de escolas e institutos

Os socialistas acusan ao PP de "politizar" os centros educativos e "encanallar o seu funcionamento diario" co novo sistema de selección de directores e directoras de escolas e institutos

Vicente Docasar denuncia que o PP cambia, ao amparo da Lomce, o sistema de selección de directores e directoras para impoñer un “modelo de direccións controladas, mangoneadas e servís”

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, advertiu hoxe que o PP a través do goberno galego está “politizando a vida dos centros educativos e encanallando o seu funcionamento diario de futuro ”. Así o dixo nunha pregunta oral na Comisión de Educación sobre os cambios no modelo de designación das direccións dos centros para impoñer “un modelo de direccións controladas, mangoneadas e servís” diante do poder político de quenda.

O responsable socialista sinalou que o sentir dos directores dos centros é que “teñen cada vez mais traballo, mais responsabilidades e menos recoñecemento” por parte do goberno. Criticou que a Xunta ven de regular o proceso de designación das direccións –Orde publicada no DOG do 3 de abril- perpetrando unha “clara intromisión na vida dos centros educativos por parte do poder político”.

Explicou que esta intromisión prodúcese a través da composición das comisións de selección, onde a Xunta pasa a nomear a catro membros dun total de sete, cando antes nomeaban a un de sete. “As cifras non deixan lugar a dúbidas”, advertiu o portavoz socialista.

Docasar admitiu que a Xunta queira abrir o debate sobre posibles modificacións nos procesos de elección das direccións, pero “de ningunha maneira queremos pasar dunhas direccións fortemente democráticas a outras fortemente politizadas”. Advertiu que “pasar dunhas direccións plurais e respectadas a outras dependentes do poder gobernante é un mal negocio, mesmo para vostedes”, e o tempo dará ou quitará razóns, sinalou Docasar.

O parlamentario socialista acusou ademais ao goberno galego de converter aos consellos escolares con este proceso en meros “xarróns chinos” das comunidades educativas, “botando por terra unha consolidada tradición de moitos anos”.

Consecuencias

Lembrou a preocupación amosada polos socialistas galegos diante das consecuencias que derivan da posta en marcha desta nova normativa de selección das direccións dos centros educativos, e advirte ao partido popular que estarán moi vixiantes diante dos comportamentos sectarios que poidan producirse nas comisións de selección,seguindo o proceso en marcha nos 164 centros que está previsto.

O Portavoz de Educación do Grupo Socialista pediulle á Xunta “un pequeno xesto de vontade política” renunciando a nomear dixitalmente as comisións de selección, e deixando que sexan os directores e directoras das xuntas provinciais de directores os que elixan de maneira democrática aos integrantes que lles corresponde na citadas comisións.

Mesmo suxeriu, se non lles serve o anterior, “que os integrantes das comisión de selección sexan elixidos por sorteo público entre todos os directores dos centros, da mesma maneira que se fai cando se elixen os membros dos tribunais das oposicións”.

Non facelo dalgunha desas maneiras, explicou, virá a demostrar claramente que o que se pretende é controlar politicamente a selección dos directores e directoras dos centros educativos galegos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar