Os socialistas acusan ao goberno galego de “empobrecer ás familias” ao desmantelar os servizos sociais

Os socialistas acusan ao goberno galego de “empobrecer ás familias” ao desmantelar os servizos sociais

Os socialistas acusan ao goberno galego de “empobrecer ás familias” ao desmantelar os servizos sociais

Carmen Gallego critica que a “frivolidade” nas políticas da Xunta provoca que o 55,5 por cento das familias galegas cheguen con dificultades a fin de mes

O PP rexeita unha proposta socialista para axudar ás familias, garantir a igualdade no acceso ao ensino público e a universalidade e a supresión do repago na sanidade

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe á Xunta de “empobrecer cada vez mais ás familias” coa súa política de desmantelamento de servizos sociais. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para axudar ás familias, garantir a igualdade ao ensino público e a universalidade na sanidade eliminando os repagos, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista denunciou que a “frivolidade” coa que xestiona o goberno de Feijóo as políticas sociais provoca que o 55,5 por cento das familias galegas cheguen con dificultades a fin de mes. Lembrou que cada ano diminúen as partidas dirixidas ás familias, á xuventude ou á infancia mentres toman decisións políticas “para que as familias o pasen cada vez peor”.

Lembrou así a imposición de máis copagos nos servizos sociais, repagos na sanidade ou educación, o incremento das taxas das escolas infantís, e a carga de tributos directos como o prezo da enerxía eléctrica, o canon da auga, ou o recibo de xestión de residuos por parte de Sogama e da Xunta de Galicia. Advertiu que “mais alá da propaganda e de ter aprobado a Lei de Familia non hai nada concreto pra apoiar ás familias”.

Reclamou ademais que a Xunta garanta a igualdade no acceso á educación pública e de calidade, restablecendo a gratuidade dos libros de texto e comedores escolares e o acceso ás bolsas de estudo. En materia sanitaria, Gallego esixiu a universalidade e o abandono das medidas de repago, así como acadar a ratio da UE na planificación de políticas cara ás familias, da rede de escolas infantís e das prazas para persoas con discapacidade.

Gallego solicitou o recoñecemento da diversidade das familias, mentres a normativa do goberno galego “define ás familias de xeito arcaico” mais achegadas ao modelo das manifestacións impulsadas pola igrexa en contra das familias homosexuais, bisexuais, transexuais ou monoparentais e excluíndo ás unidades familiares reais.

Tamén reclamou a priorizar as unidades familiares de menor renda para as bonificacións e medidas fiscais, en lugar de beneficiar ás familias numerosas “que teñan mais recursos”. Solicitou ademais que a referencia para calquera tipo de axuda pública sexa o salario mínimo interprofesional.

Leccións de ética

Gallego criticou que o PP “chegara precisamente hoxe dando leccións de comportamento ético cando os seus deputados se pechaban nun piso cando as cousas non lles ían ben, traían aos alcaldes e alcaldesas a rebentar os plenos do Parlamento”. Aludiu aos xuíces que “din que o PP tivo financiamento irregular durante 20 anos consecutivos e suman xa mais de 14 imputados no Concello de Santiago”.

Advertiu que o PP perdeu onte mesmo, no debate de totalidade dos Orzamentos, a oportunidade de aceptar as emendas socialistas e cambiar unhas políticas que provocaron que o 55,5 por cento das familias teñan dificultades para chegar a fin de mes, 30.000 fogares carezan de ingresos, 90.000 teñan a tódolos seus membros en paro e cada ano incrementen a Risga porque hai mais persoas en paro.

Lamentou que mentres o PP se mantén no “marabilloso mundo de publicidade e propaganda” renuncia a “ver a realidade e a atender aos problemas do país” e ás máis de 270.000 persoas con desemprego, que están vendo cómo Feijóo diminuíu un 56 por cento as partidas para políticas activas de emprego dende 2009.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar