Os socialistas acusan a Xunta e PP de avalar o desmantelamento de servizos públicos nos pequenos concellos

Os socialistas acusan a Xunta e PP de avalar o desmantelamento de servizos públicos nos pequenos concellos

Os socialistas acusan a Xunta e PP de avalar o desmantelamento de servizos públicos nos pequenos concellos

Carmen Gallego sinala que “pesará sobre as súas conciencias” o desamparo aos usuarios destes servizos

O PP vota contra unha proposta socialista para que a reforma da Lei de Administración Local garanta o mesmo nivel de servizos

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe a Xunta e PP de avalar “o desmantelamento dos servizos públicos” nos concellos de menos de 20.000 habitantes. Gallego presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Política Social do Parlamento para que a Xunta garanta que a reforma da Lei de Administración Local manteña o mesmo nivel de servizos que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista sinalou que “pesará sobre as súas conciencias” esta reforma que deixa desamparadas ás persoas que precisan destes servizos cada día nos concellos de Galicia. Explicou que a reforma da administración local por parte do goberno de Rajoy suprime as competencias dos concellos de menos de 20.000 habitantes para concedérllelas ás Deputacións.

Gallego puxo como exemplo que “unha muller do rural que sexa agredida un sábado, que hoxe era atendida polo alcalde e a concelleira de servizos sociais, que contaban cun traballador social para buscarlle unha residencia na que protexela, non vai contar con esta axuda porque os concellos de menos de 20.000 habitantes terán que prescindir dos traballadores sociais”.

A deputada socialista dixo que a Lei anunciada pola Xunta para impedir a aplicación da norma en Galicia constitúe unha “manobra de distracción” ata que pasen as eleccións municipais. Explicou que daquela “non será admitida a trámite e será considerada ilegal porque non pode vulnerar a Lei de Bases do Réxime Local reformada e volveremos a ter o problema enriba da mesa”.

Advertiu que a Xunta “non pode saltar por enriba e lexislar para que non se poida aplicar aquí esa Lei”, e lembrou que a propia Lei de Rajoy foi recorrida polos socialistas diante do Tribunal Constitucional por vulnerar as competencias propias dos concellos en materia de servizos sociais. Esixiulle ao goberno galego que “clarifiquen as competencias, necesitamos saber quén as vai cubrir, financiar e cómo se van prestar os servizos”.

Criticou que o goberno queira “priorizar a rendibilidade económica” obrigando aos concellos a demostrar que a prestación sexa “rendible antes de ver si é necesaria para as persoas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar