Os socialistas acusan á Xunta de provocar “un conflito monumental” ao esixir licenza para as festas parroquiais

Os socialistas acusan á Xunta de provocar “un conflito monumental” ao esixir licenza para as festas parroquiais

Os socialistas acusan á Xunta de provocar “un conflito monumental” ao esixir licenza para as festas parroquiais

Sánchez Bugallo advirte que este requisito está a bloquear as festas en toda Galicia porque nos concellos “non hai ninguén que asine os informes para conceder as licenzas”

O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, acusou hoxe ao goberno galego de provocar “un conflito monumental” ao esixir licenza para as festas de barrios e parroquias. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Industria do Parlamento na que lle reclamou ao goberno galego que modifique a norma para que “ningunha parroquia quede sen festa” garantindo a seguridade.

Sánchez Bugallo amosou a súa sorpresa polo feito de que o goberno galego inclúa na Lei de Emprendemento un artigo -41 c)- no que require licenza para que os espectáculos e actividades extraordinarias que requiran instalación de escenarios e estruturas móbiles. Este precepto afecta de facto a tódalas festas parroquiais galegas, e trae “de cabeza” tanto ás Comisións de Festas como aos alcaldes de toda Galicia.

O responsable socialista explicou que, á marxe do incomprensible que resulta que o goberno galego inclúa este requisito precisamente nunha Lei teoricamente destinada a axilizar a implantación de empresas, o problema é que o requisito resulta case insalvable para milleiros de parroquias galegas.

Explicou que a licenza non pode ser concedida sen o informe técnico correspondente e os seguros de responsabilidade civil, co que “de repente non hai ninguén que asine ditos informes”. Explicou que unha licenza municipal supón un “acto regrado de autorización administrativa que require un proxecto técnico”, o que ata este ano non era necesario, xa que “outra cousa diferente é unha autorización, un acto administrativo non regrado en función do cumprimento de determinados requisitos”.

A reacción do goberno galego á vista do aluvión de protestas por parte dos alcaldes foi emitir unha circular emitida dende a Dirección Xeral de Emerxencias para teoricamente “suavizar a aplicación da Lei, poñer un pouco de sentido común e buscar solucións favorables”. A realidade é que unha orde non se pode impoñer a unha Lei autonómica, polo que o problema persiste.

Sánchez Bugallo reclamoulle ao goberno galego que modifique dito artigo e “na medida do posible se racionalice e que ningunha parroquia quede sen festa” sen por iso reducir as medidas de seguridade requiridas para estes eventos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar