Os socialistas acusan á Xunta de “preparar o repago de transporte sanitario”

Os socialistas acusan á Xunta de “preparar o repago de transporte sanitario”

Os socialistas acusan á Xunta de “preparar o repago de transporte sanitario”

Carmen Acuña sinala que o decreto que prepara a Xunta para regular o transporte sanitario “despreza aos traballadores e provocará a perda de postos de traballo e de poder adquisitivo”

Asegura que o goberno galego quere suprimir ás empresas galegas para colocar a “macroempresas que están desembarcando en Galicia convocadas polo PP”

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, advertiu hoxe que o goberno galego está a “preparar a aplicación de repago no transporte sanitario”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei na Comisión de Sanidade para garantir que non se apliquen estes repagos e que foi rexeitada polo PP.

Acuña trasladou á Cámara a preocupación da cidadanía polo Decreto de Sostibilidade do sistema sanitario, co que o goberno galego considera o transporte sanitario como un servizo accesorio, e polo tanto suxeito a copago. Acusou ao PP de “dar a razón ás sospeitas dos usuarios” ao rexeitar esta proposta socialista.

Ademais, criticou o “empeño” do goberno galego por “apartar ao tecido empresarial galego” do transporte sanitario, preparando a chegada de “macroempresas que están desembarcando en Galicia convocadas polo PP”, en alusión a Ambuibérica, que vén de facerse co transporte na área de Vigo.

Explicou que esta empresa é coñecida por imporse nos concursos con baixas temerarias para logo facer despedimentos masivos de persoal, como os 150 traballadores que botou á rúa en Castela – A Mancha, pola súa conivencia coa corrupción en Aragón ou pola porta xiratoria cos representantes políticos do PP no País Vasco.

Os socialistas reclamaron nesta iniciativa que a Xunta busque fórmulas para facilitar o acceso ao concurso de transporte sanitario ao tecido empresarial galego, o que tamén foi rexeitado polo PP.

Perda de traballo

A política empresarial do goberno galego, xunto co decreto de transporte sanitario por estrada que prepara, “provocará a perda drástica de postos de traballo e de poder adquisitivo”. Sinalou que si este decreto sigue o camiño do aprobado a nivel estatal, as empresas terán que contratar só a condutores, desprezando a outros profesionais, como axudantes ou camilleros, cunha formación autofinanciada no 061 que non lles serve.

Os socialistas galegos reclamaran así que o goberno galego se comprometera a facilitar a homologación da todas as persoas que traballan no transporte sanitario galego, de novo acadando a negativa do PP, que tamén se opuxo a permitir a utilización de todoterreos como transporte sanitario, a pesares de que sexa imprescindible polas condicións da orografía galega.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar