Os socialistas acusan á Xunta de incumprir a normativa sobre protección medioambiental dos áridos tóxicos de Manmer

Os socialistas acusan á Xunta de incumprir a normativa sobre protección medioambiental dos áridos tóxicos de Manmer

Os socialistas acusan á Xunta de incumprir a normativa sobre protección medioambiental dos áridos tóxicos de Manmer

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe á Xunta de Galicia de incumprir a normativa sobre protección medioambiental e para a inmobilización dos áridos tóxicos importados pola empresa Manmer. Así o dixo nunha pregunta oral que formulou no Pleno do Parlamento de hoxe ao Goberno galego.

Denunciou que o conselleiro permitiu a actuación “fora de control” da empresa “porque os materiais si foron utilizados cando vostede estaba en posesión dos informes técnicos que acreditaban o incumprimento das condicións do material para o seu uso como firme de estradas. Criticou a “laxitude” amosada polo goberno galego, que incumpriu as medidas de protección medioambiental e da inmobilización do produto.

Reclamou tamén que expliquen “por qué non ofrecen información sobre os presuntos delitos de cohecho e tráfico de influenzas no Grupo Parlamentario do PP e por qué gardan silencio e non ofrecen información oficial sobre a filtración do sumario ao seu Grupo Parlamentario”.

O responsable socialista acusou tamén ao goberno galego de “tolerar” a utilización comercial deste produto tóxico importado a prezo mesmo inferior ao seu custe de transporte “cos perxuízos conseguintes ás empresas da competencia”. Cualificou tamén de “máis que sorprendente indiferenza de Augas de Galicia e Portos de Galicia”.

Méndez Romeu salientou que esta “tranquilidade e indiferenza” contrasta “coa celeridade coa que o seu Grupo Político tenta de arranxar un problema logo da filtración do sumario” aos implicados e que concluíu coa dimisión dun deputado do PP presuntamente acusado dos delitos de cohecho e tráfico de influenzas.

Sinalou que “ademais de lanzar proclamas teñen que incumprir a Lei” e reclamou ao Goberno galego que explique “por qué non foi analizada a fondo a primeira denuncia feita polas empresas do sector en novembro de 2009” e durante dous anos e medio, ata a dimisión do deputado do PP “téñense producido actuacións fora de control”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar