Os socialistas acusan á Xunta de entorpecer a asistencia xurídica aos cidadáns

Os socialistas acusan á Xunta de entorpecer a asistencia xurídica aos cidadáns

Os socialistas acusan á Xunta de entorpecer a asistencia xurídica aos cidadáns

Patricia Vilán reclámalle á Xunta que actúe con unidade de criterio nas Comisións de Asistencia Xurídica Gratuíta, unha proposta rexeitada hoxe polo PP

xustizaA deputada socialista Patricia Vilán acusou hoxe á Xunta e ao goberno central de introducir “novas medidas que dificultan, burocratizan e fan a xustiza moito mais lenta e inaccesible para o conxunto dos cidadáns”. Vilán presentou na Comisión Institucional do Parlamento unha proposición non de Lei na que reclama unidade de criterio nas Comisións de Asistencia Xurídica Gratuíta, que foi rexeitada polo PP.

Vilán salienta as reiteradas denuncias de falla de criterio unitario das diferentes Comisións de Asistencia Xurídica gratuíta dependentes da Xunta de Galicia, nomeadamente con relación aos Servizos de Orientación Xurídica, ofrecidos polos colexios de avogados. Apunta que estas diferenzas provocan problemas de operatividade nos servizos aos cidadáns, o que vai en contra dunha xustiza mais rápida, eficaz e eficiente.

Así, sinala que mentres no Servizo de Orientación de Pontevedra hai unha traballadora e dous avogados dúas horas tódolos días e a Comisión de Asistencia reúnese unha vez á semana, mentres na Comisión de Asistencia de Vigo hai dous ou tres traballadores, pero ningún avogado. A conclusión é que a tan só media hora de distancia, en Vigo tardan un mes en conceder avogado de oficio e en Pontevedra tarda o dobre.

Ademais, sinala, o desfase resulta aínda maior con relación á dispoñibilidade de datos económicos, xa que mentres os colexios de avogados dispoñen dos datos do Consejo General de la Abogacía Española relativos a 2011, as Comisións de Asistencia, dependentes da Xunta, dispoñen dos datos de 2012.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar