Os socialistas acusan á Xunta de desmantelar a Lei de Servizos Sociais de Galicia “pola porta de atrás”

Os socialistas acusan á Xunta de desmantelar a Lei de Servizos Sociais de Galicia “pola porta de atrás”

Os socialistas acusan á Xunta de desmantelar a Lei de Servizos Sociais de Galicia “pola porta de atrás”

Carmen Gallego advirte que o PP vota en contra de cumprir a Lei ao rexeitar hoxe unha proposta socialista para que a Xunta elabore un modelo único de expediente social básico

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe á Xunta de desmantelar a Lei de Servizos Sociais de Galicia de 2008 “pola porta de atrás”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do PSdeG para que a Xunta elabore un modelo único de expediente social básico, que foi rexeitada polo PP en contra do establecido na dita Lei.

A deputada socialista denunciou que o PP constrúe un “discurso amable para as persoas mentres pola porta de atrás desmantelan a lexislación que garante os dereitos subxectivos”. Dixo que a realidade é que “a vostedes non lles gusta a Lei de Servizos Sociais”, pero esixiulles que “cumpran coa Lei vixente” xa que “si non lles gusta teñen maioría suficiente para cambiala”.

Dixo que o PP rexeita este expediente social básico “porque no mesmo se garante a confidencialidade e a súa permanencia no eido público”, o que “o PP está cuestionando permitindo a entrega das historias sanitarias á sanidade privada e concertada e parece que tenta de introducir nos servizos sociais”.

Reclamoulles “coherencia” para “traer unha nova Lei” e denunciou que en lugar diso “desmantelan a Lei de Servizos Sociais” a través da reforma da administración local do Estado, a Lei de Racionalización da administración autonómica e o proxecto de Lei de Inclusión Social que será debatido no próximo Pleno.

Proposta

Os socialistas galegos reclamaban hoxe que a Xunta colabore cos concellos para elaborar un modelo único de expediente social básico, “que inclúa o conxunto dos servizos sociais comunitarios e dos servizos sociais especializados, que teña en conta as competencias de todas as administracións, que garanta a súa permanencia no ámbito público e a confidencialidade dos datos nel contidos e que axilice os procedementos de recoñecemento dos dereitos de que se trate”.

Gallego reclamou así o cumprimento da Lei de Servizos Sociais de 2008 para que os usuarios destes servizos poidan ter un expediente único que poidan empregar as administracións con competencias “e axilizar os documentos precisos para o recoñecemento dos dereitos subxectivos de cada un de nós”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar