Os socialistas acusan á Xunta de “desmantelar a Lei de Dependencia ante a desesperación das familias, non a derrogan porque lle quitaría votos”

Os socialistas acusan á Xunta de “desmantelar a Lei de Dependencia ante a desesperación das familias, non a derrogan porque lle quitaría votos”

Os socialistas acusan á Xunta de “desmantelar a Lei de Dependencia ante a desesperación das familias, non a derrogan porque lle quitaría votos”

DependenciaA viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Carmen Gallego, acusou hoxe no pleno á Xunta de “desmantelar a Lei de Dependencia ante a desesperación das familias, non a derrogan porque lle quitaría votos”

Nunha interpelación á conselleira de Traballo, Beatriz Mato, a deputada socialista alertou da perda do 40% das prestacións para a dependencia “como promedio”, logo dos recortes aplicados dende o Goberno autonómico, e esixiu “o cumprimento da lei”.

“Hai 18.000 persoas con dereito recoñecido ás que non lle dan a axuda, fan trampas na avaliacion e Feijóo segue o mesmo camiño de Rajoy para desmantelar a Lei da Dependencia pola vía dos feitos”, afirmou Gallego, que sinalou que Galicia destina menos gasto público á dependencia que o resto do Estado, con 90,65 euros por habitante e ano fronte á media de 109,6 do conxunto do Estado.

O PSdeG acusa ao presidente da Xunta de “mentir” ao sinalar que a prioridade da Xunta é atender aos grandes dependentes, cando a realidade evidencia a caída nun 9,63 por cento de persoas cun grao III de dependencia, preto do dobre da media estatal, un 5,95 por cento.

Carmen Gallego esixiulle ademais á Beatriz Mato que utilizase a interpelación para retirar as súas acusacións sobre o suposto uso irregular das axudas por parte dos beneficiarios. Lembrou que estas contías, que foron cualificadas despectivamente como paguiñas, en moitas ocasións supoñen o sustento dunha familia. A conselleira non quixo rectificar as súas palabras

A deputada socialista acusou a Feijóo e Mato de provocar que a “desesperación destas familias e destas persoas chegue a niveis insoportables”. Gallego explicou que, malia que o presidente da Xunta se esforce en responsabilizar a Zapatero, a realidade é que os problemas derivan do Real Decreto de Estabilidade Orzamentaria de Rajoy e da decisión de Feijóo de repetir as valoracións da dependencia para retirarlle a axuda ás persoas que xa a tiñan recoñecida.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar