Méndez Romeu acusa á Xunta de “deslegalizar o territorio para a implantación de empresas” a través da lei de política industrial

Méndez Romeu acusa á Xunta de “deslegalizar o territorio para a implantación de empresas” a través da lei de política industrial

Méndez Romeu acusa á Xunta de “deslegalizar o territorio para a implantación de empresas” a través da lei de política industrial

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe á Xunta de presentar unha Lei de Política Industrial dirixida a “deslegalizar o territorio para permitir a implantación de empresas”. No debate en Comisión do informe da ponencia desta norma, advertiu que esta situación creará “importantes conflitos xurídicos e competenciais”.

Méndez Romeu advertiu que o texto resulta “coherente coa supresión de barreiras de calquera tipo á actuación do investidor privado” ao nomear ao conselleiro como “garante do cumprimento da normativa”. Advertiu que o texto establece excepcións ao réxime xeral urbanístico que “choca frontalmente coas competencias doutras administracións”, nomeadamente os concellos.

O responsable socialista dixo que o conselleiro “non pode vulnerar nin substituír as competencias locais”, co que anticipou que “lonxe de resolver, a Lei vai complicar a situación”. Criticou que o texto non vai evitar situacións como as que se produciron coa planta de baterías de vehículos na Plisan” senón que “ao contrario, vainas provocar”.

Lembrou que o proxecto de Lei denomina como proxectos industriais estratéxicos aqueles que superen un investimento de 50 millóns de euros, supoña a creación de 250 postos de traballo ou supoña unha diversificación industrial notable. Advertiu que “non especifica si o investimento ten que ter exclusivamente fondos propios ou contabiliza as axudas e subvencións”.

Criticou que reduza a participación do concello a un prazo de 15 días para dar a súa conformidade “obviando tódalas demais competencias locais”, ao mesmo tempo que aproba un réxime de subvencións directas “impoñendo todo tipo de servidumes de paso que afectan ás administracións sen aclarar si están exentos de taxas e tributos locais”.

Igape

Os socialistas presentaron un total de 77 emendas a este texto lexislativo, principalmente para facer do Igape “o axente industial de Galicia” impulsando as súas funcións financeira de promoción do investimento, impulsor da innovación e garante da calidade. Méndez Romeu reclamou que o ente sexa transformado nunha axencia de promoción industrial de Galicia.

Propuxo engadir ás súas funcións actuais de financiamento as actuacións empresariais dirixidas á innovación, a transferencia tecnolóxica, a captación de investimentos ou o impulso da calidade. Explicou que o ente pode facer esta función “a través de subvencións, avais, investimentos directos, participación de capital, préstamos directos, subvencións de xuros, modificacións fiscais e convenios con entidades de capital risco”.

Acusou ao PP de rexeitar as emendas socialistas dirixidas a “utilizar o único instrumento con potencial investidor da Xunta e transformalo nunha axencia de promoción industrial”, co que “prefiren manter unha axencia receptora de iniciativas privadas” renunciando a aplicar unha estratexia proactiva traballando a prol do tecido industrial e o emprego de Galicia.

Méndez Romeu advertiu que a Lei de Política Industrial da Xunta “non pasa de ser un proxecto de planificación da actuación da administración” que “renuncia a reforzar a iniciativa de apoio á industria por parte da Xunta a través do Igape” e “pon en cuestión a legalidade vixente” a través da actuación dos proxectos industriais estratéxicos”.

Mellora do texto

Os socialistas reclamaron a través das súas emendas que o texto abranguera tamén “aspectos referidos a servizos financeiros, loxísticos, de mantemento ou tecnolóxicos”, regulando tamén “o referido aos polígonos industriais, parques empresariais ou viveiros de empresas” garantindo o seu papel como impulsores de actividade económica e da creación de emprego.

Solicitou a inclusión da responsabilidade social corporativa ou o impulso da competencia, mentres reclamou que a Xunta asuma as responsabilidades sobre información industrial e a coordinación horizontal de departamentos que teñen relación coa política industrial, como medio ambiente, urbanismo, solo industrial, emerxencias, seguridade alimentaria ou saúde pública.

Ademais, lembrou que o texto impide que o Parlamento analice os estudos de impacto, que son atribuídos á Consellería, ou o Plan Director, mentres “carece de mapa industrial ou accións de política industrial que levan adiante outras administracións públicas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar