Os socialistas acusan á Xunta de “desintegrar” a Atención Primaria

Os socialistas acusan á Xunta de “desintegrar” a Atención Primaria

Os socialistas acusan á Xunta de “desintegrar” a Atención Primaria

A parlamentaria socialista Carmen Acuña acusou hoxe á Xunta de “desintegrar a atención primaria” en Galicia coa aplicación do Decreto de área integrada, que a fai desaparecer para sometela aos xerentes dos hospitais de Área, e recortando nun 14 por cento os orzamentos dende 2009. Así o dixo nunha pregunta parlamentaria debatida hoxe na Comisión de Sanidade.

Acuña advertiu que o decreto de área integrada provoca que a Atención Primaria “queda sen posibilidade para xestionarse autonomamente, conseguir recursos ou controlar os procesos asistenciais”. Criticou que a xestión do PP provocará que este servizo “deixa de ser o eixo do sistema sanitario” e “desaproveita a oportunidade de aforrar recursos ao centrarse na promoción e prevención da saúde”.

Acusou ao PP de tratar aos profesionais da sanidade “como un xoguete” e “desprezar” o Plan de Mellora da Atención Primaria posto en marcha durante a pasada lexislatura e que foi paralizado polo goberno de Feijóo. Dixo que mentres o goberno socialista prevía o incremento da plantilla e a mellora do equipamento tecnolóxico, o PP “masificou a atención primaria e paralizan as substitucións de profesionais para baixas ou permisos”.

Malatender á demanda

Acuña advertiu que logo da xestión do PP “non queda en primaria mais que para malatender á demanda”, logo de ter suprimido centros de saúde e paralizar programas de Primaria como os de muller, cirurxía menor ou prevención. Advertiu que o servizo mantense en pé “grazas á profesionalidade e o esforzo dos traballadores e traballadoras” pero advertiu que “renace a desmotivación, a apatía e a desesperanza”.

Dixo que “lonxe do compromiso electoral do PP de convocar unha Oferta Pública de Emprego para sanidade cada ano, hoxe temos de novo contratos precarios e incluso está ameazada a principal virtude deste servizo, que é a accesibilidade”, co “medre imparable das listas de espera”. Así, criticou que “non se pode pedir cita para moitísimas especialidades polo sistema de listas pechadas co que maquillan os datos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar