Os socialistas acusan á Xunta de desinformar sobre exencións nos tributos da Lei de Augas aos usuarios sen recursos para evitar as solicitudes

Os socialistas acusan á Xunta de desinformar sobre exencións nos tributos da Lei de Augas aos usuarios sen recursos para evitar as solicitudes

Os socialistas acusan á Xunta de desinformar sobre exencións nos tributos da Lei de Augas aos usuarios sen recursos para evitar as solicitudes

Patricia Vilán constata que de 8.000 posibles beneficiarios só o solicitaron 370 e foron concedidas 174

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, denunciou hoxe a “campaña de desinformación” da Xunta sobre as exencións no pago dos tributos da Lei de Augas para as persoas con menos recursos. Vilán presentou unha pregunta oral na Comisión de Medio Ambiente na que denunciou que a Xunta renuncia a informar sobre estas medidas para evitar concedelas.

Esta é a única explicación, dixo, de que nunha Comunidade Autónoma como Galicia, onde hai 90.000 familias con tódolos seus membros en paro, e 8.000 posibles beneficiarios, só foron presentadas 370 solicitudes e o goberno galego concedeu 174. Sinalou que estas familias con rendas baixas que quedarían exentos de pagar o canon da auga, o que suporía un aforro do 20 por cento na factura final.

Dixo que o goberno galego “non ten demasiada intención” de anunciar estas medidas que suporían unha redución de 400.000 euros nos seus ingresos, mentres no ano 2013 recadaron 40 millóns de euros adicionais a conta do novo imposto, o canon da auga, e a nova taxa denominada coeficiente de vertedura.

Ademais, esta bonificación tamén pode facerse extensiva a centros, casas de acollida, comedores sociais ou albergues que dan servizo ás persoas en risco de exclusión, e que suporía 150.000 euros anuais.

Campaña informativa

Criticou que a única campaña informativa digna de tal nome neste sentido fora “unha charla informativa nos concellos e capitais de provincia no ano 2012”, ademais dunha web específica do goberno galego, que, puntualizou, “esquece que está dirixida a persoas en exclusión social, que non adoitan ter cartos para entrar en internet”.

Sinalou que “a mellor mostra da ineficacia e da actitude miserable do goberno galego é que precisamente teña que agradecerlle á oposición a publicidade que supón presentar esta pregunta no Parlamento”. A realidade, explicou, é que a súa xestión supuxo axudar a menos do 0,8 por cento das familias de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar