Os socialistas acusan á Xunta de “coartar e diminuír” o dereito á asistencia sanitaria

Os socialistas acusan á Xunta de “coartar e diminuír” o dereito á asistencia sanitaria

Os socialistas acusan á Xunta de “coartar e diminuír” o dereito á asistencia sanitaria

O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose, acusou hoxe á Xunta de “coartar e diminuír” o dereito á asistencia sanitaria. Os socialistas galegos presentaron no Pleno do Parlamento de hoxe unha Proposición non de Lei para que a Xunta “non poña trabas para o exercicio do dereito á asistencia sanitaria” que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista denunciou que as “burocratadas, ignorancia e mala intención” do PP está a impedir a asistencia sanitaria aos parados, ás persoas sen recursos ou aos que leven menos de 183 días censados. Lembrou que, de acordo coa Lei, o dereito á asistencia sanitaria abrangue “a tódolos españois e estranxeiros que teñan establecida a súa residencia no territorio nacional”.

Os socialistas galegos presentaron hoxe unha proposta para que a Xunta “non poña trabas para o exercicio do dereito á asistencia sanitaria da cidadanía galega e facilitar a tarxeta sanitaria do Sergas sen mais requisitos que o de residir nun municipio de Galicia”.

Denunciou así que a Xunta ten aprobado, vía decreto do pasado 5 de setembro, “poñer trabas” á asistencia sanitaria universal porque “nunca se preocupan dos poderosos e poñen tódolos problemas aos humildes”. Preguntou “qué ten que ver para o dereito á asistencia sanitaria o certificado do Inem ou de facenda ou si alguén pasa do salario mínimo interprofesional para ver si é pobre ou non ou si leva 183 días censado”.

Pose acusou ao PP de vulnerar “toda a lexislación que considera que o dereito á atención sanitaria é un dereito cidadán, non de traballador en situación de alta na Seguridade Social”. Dixo que “non é necesario buscar a ningún familiar do que depender” xa que “para exercer ese dereito á asistencia só ten que acreditar a súa residencia nun municipio de Galicia”.

Puntualizou que a Constitución e a Lei Xeral de Sanidade de 1986 e a Lei de calidade do Sistema Nacional de Saúde de 2003 establecen que son titulares do dereito á protección da saúde e a atención sanitaria “tódolos españois e estranxeiros con residencia en territorio nacional”.

Ademais, a Lei de Saúde de Galicia de 2008 recoñece o dereito á protección da saúde e á atención sanitaria “a tódalas persoas que residan nos municipios de Galicia e aos transeúntes na forma que establece a lexislación vixente”. Engadiu que “mesmo garante o dereito á asistencia sanitaria a menores e xestantes non incluídas no apartado anterior e a tódalas persoas en situación de urxencia e emerxencia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar