Os socialistas acusan á Xunta de “cambiar o modelo de cooperación ao desenvolvemento para entregárllelo ás empresas privadas”

Os socialistas acusan á Xunta de “cambiar o modelo de cooperación ao desenvolvemento para entregárllelo ás empresas privadas”

Os socialistas acusan á Xunta de “cambiar o modelo de cooperación ao desenvolvemento para entregárllelo ás empresas privadas”

Carmen Gallego preguntaralle á Xunta pola aprobación do III Plan director da Cooperación Galega “con tódalas ONGDs en contra”

A portavoz de Políticas Sociais e Cooperación do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao goberno galego de “cambiar o modelo de cooperación ao desenvolvemento para entregárllelo ás empresas privadas”. Así o dixo logo dun encontro coa Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento no que analizaron o III Plan Director da Cooperación Galega.

A responsable socialista presentará unha serie de iniciativas parlamentarias para que o conselleiro de Presidencia explique, no primeiro Pleno do novo período de sesións, “como é posible que teñan aprobado este Plan Director por primeira vez con tódalas ONGD´s en contra”. Para Carmen Gallego está “meridianamente claro que o PP quere cambiar o modelo de cooperación para entregárllelo ás empresas privadas”.

Advertiu que a privatización é a folla de ruta do PP de Feijóo en tódalas políticas públicas, “e está claro que a cooperación ao desenvolvemento non será unha excepción”, cun cambio de rumbo drástico que constata este Plan Director.

Sinala que a intención de Feijóo “se viña anunciando co brutal descenso de orzamentos dende a súa chegada ao goberno galego”, cun recorte do 64 por cento dos fondos dende 2010, o que “chegou a niveis mesmo inferiores aos dos mandatos de Manuel Fraga.

Carmen Gallego anunciou que os socialistas presentarán alegacións ao Plan Director incluíndo as demandas da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento no momento do seu trámite parlamentario.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar