Os socialistas acusan á Xunta de amparar os incumprimentos normativos da rotonda e do acceso ao parking de Galeras

Os socialistas acusan á Xunta de amparar os incumprimentos normativos da rotonda e do acceso ao parking de Galeras

Os socialistas acusan á Xunta de amparar os incumprimentos normativos da rotonda e do acceso ao parking de Galeras

O parlamentario Xosé A. Sánchez Bugallo que defendeu unha pregunta en Comisión sobre esta actuación, censurou a pasividade da Xunta respecto das irregularidades da obra como a falta de licenza e outras autorizacións e permisos, sobre as que tivo que actuar a fiscalía

Recriminou á consellería o desleixo cara a opinión da maioría da veciñanza para favorecer a un particular, destruíndo o esforzo para converter unha estrada nunha avenida urbana, do que a Xunta aportou o 70% da inversión

O parlamentario socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo,ven de advertir á Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas, das consecuencias das decisións que está a tomar respecto da obra para a realización da rotonda de Galeras e o acceso a un parking privado. Hai “unha discrecionalidade da Administración e un risco de pasar unha liña divisoria con decisións como a aprobación do PXOM da Estrada nas condicións en que se fixo”. “Non se trata de ningunha ameaza – salientou - , simplemente preocupación por decisións perigosas que vostede está a tomar por presións do seu partido ou dos seus superiores”, dixo.

Sánchez Bugallo propuxo unha serie de preguntas en comisión relativas a esta actuación que “non ten licenza, da que non hai adxudicación e incumpre os requisitos formais para considerala legal”.

Censurou o desleixo da Xunta á cidadanía de Compostela, logo das referencias da responsable de Urbanismo da consellería a coaccións da veciñanza que se opón ó proxecto. Bugallo recriminou a Rivas a confusión entre cidadanía e cidadán, “vostedes puxéronse de lado dun cidadán particular e fronte á veciñanza”.

O portavoz de Urbanismo socialista foi desmontando cada un dos argumentos para evitar un pronunciamento por parte do Goberno, escudado na apertura dun expediente informativo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), aínda sen resolver. Neste senso reprochou á representante da Xunta que “pretenda aplicar a normativa para parkings públicos a un parking privado”.

“É a cidadanía a que se defendeu das coaccións e non ao revés”, denunciou Sánchez Bugallo, aludindo a que foi o movemento veciñal o que promoveu a denuncia, “pola inacción clara da Xunta, primeiro ante a APLU, onde non obteñen unha resposta satisfactoria, e logo ante á Fiscalía”.

Só a requirimento da fiscalía é cando se comeza a subsanar todas as deficiencias do expediente a través de informes, como o relativo ao interese público da obra, feitos ad hoc e pagados polo propio promotor da obra.

Discrepa o deputado socialista co Goberno galego a respecto das garantías do tráfico peonil, e amosou á Secretaria Xeral a rampa que ten de descender tres metros para acceder ó garaxe. “É evidente que empeoran notablemente as condicións dos veciños da zona”. Reprochou á responsable de Urbanismo que “unha magnífica actuación cofinanciada ao 70% por política territorial vaia quedar desmerecida, todo o que fixemos para converter unha estrada nunha avenida urbana, imos dar un paso atrás volvendo a convertela nunha estrada”.

En caso de dúbida, a menos edificabilidade e a maior zona verde

O deputado socialista dou por rematada a cuestión normativa ao remitirse ó artigo sexto da lei 9/2002, onde se indica que as dúbidas sobre o planeamento urbanístico se resolverán baixo o criterio de menor edificabilidade e de maior dotación para espazos públicos e de maior protección ambiental.

Reprochou aos populares que queiran “suprimir e cambiar este artigo na nova lei que nos propoñen”. Bugallo dixo “comezar a entender o por que”, aludindo ás irregularidades das que se rodea esta actuación no barrio compostelán antepoñendo os intereses dun particular sobre o da veciñanza.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar