Méndez Romeu acusa á Xunta de agochar o custe da viaxe de Feijóo a Bos Aires e Montevideo

Méndez Romeu acusa á Xunta de agochar o custe da viaxe de Feijóo a Bos Aires e Montevideo

Méndez Romeu acusa á Xunta de agochar o custe da viaxe de Feijóo a Bos Aires e Montevideo

O viceportavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe á Xunta de agochar o custe da viaxe de Feijóo a Bos Aires e Montevideo no pasado mes de outubro. Na comparecencia en Comisión sobre as viaxes institucionais do goberno galego, lembrou que con esta decisión “incumpren o código ético aprobado unilateralmente polo Goberno”.

O parlamentario socialista dixo que dito código establece “dar conta puntual dos gastos efectuados” nestas viaxes. No caso da súa visita a estas dúas cidades, de carácter electoral malia que fora “publicitada alí como unha visita do presidente da Xunta, acompañado polo secretario xeral de Emigración” e lembrou que o PP “ten montado alaracas no pasado por cuestións deste tipo”.

Así o dixo Méndez Romeu na comparecencia en Comisión parlamentaria do director xeral de Relacións Exteriores do goberno galego para dar conta das viaxes institucionais fóra do territorio do Estado. Lembro que na lexislatura anterior o presidente da Xunta “comparecía en persoa para dar conta das viaxes oficias”, unha costume que “ten desaparecido”.

O responsable socialista apuntou tamén que o presidente da Xunta “non ten dado conta” dos resultados das viaxes a México e Panamá nos que presentou como obxectivo “captar investimentos para Novagalicia Banco”. Dixo que a conclusión é que “a viaxe non foi exitosa, e polo tanto non se ten informado” malia o cal “debera existir unha posición oficial” do goberno galego.

Engadiu que naquela viaxe estaba presente o propio Igape para inaugurar unha oficina exterior, e pouco tempo despois toda a rede de oficinas no exterior foi “pechada” pola Xunta, o que supuxo a “perda do fondo de comercio e os contactos acumulados”. Este xiro estratéxico, dixo, produciuse para a “privatización do servizo en favor dunha organización empresarial –a CEG- sen mais experiencia que moitas outras entidades”.

O responsable socialista dixo que este modelo “ofrece numerosas sombras e ata agora ningunha luz” chegando á publicación, hoxe, de informacións sobre “colisións de intereses entre quen impulsaba a externalización e os receptores da mesa” nunha “evidencia de tráfico de intereses”. Esta situación evidencia que a privatización do servizo “en lugar de mellorar a acción comercial, semella encubrir outros intereses ocultos”.

Bruxelas

Méndez Romeu criticou a ausencia do presidente da Xunta en Bruxelas, logo de ter “comprometido alegremente” o levantamento do veto á construción naval nos estaleiros de Ferrol. Dixo que Feijóo “non fixo ningunha xestión sobre o terreo coas institucións comunitarias” e adiantou que “estamos agardando as posicións e decisións” por parte do novo goberno central que leven á restauración da construción naval.

Dixo que o Goberno galego mantén un “balance cativo” das súas xestións “de acordo cos obxectivos plantexados”, e engadiu que “si considera que é necesario que Bruxelas actúe o normal sería que tivera unha presenza continuada”.

Lamentou a paralización da Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal, xa que durante dous anos de xestión de Feijóo “non foi quén de encauzar o problema das peaxes aplicadas ás autovías” do país veciño. Salientou que “non foron quén de resolver a compatibilidade dos dispositivos automáticos que faciliten o tránsito dos cidadáns galegos” nestas estradas, xa que “o único que fixeron foi un informe de impacto”.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar