Os socialistas acusan á xerente do CHOU de utilizar medios públicos para facer publicidade institucional

Os socialistas acusan á xerente do CHOU de utilizar medios públicos para facer publicidade institucional

Os socialistas acusan á xerente do CHOU de utilizar medios públicos para facer publicidade institucional

Os traballadores do CHOU atopáronse está mañá cunha imaxe virtual do hipotético novo hospital de Ourense no salvapantallas dos seus ordenadores. Segundo denuncia a candidata do PSdeG en Ourense Carmen Acuña, ninguén sabía de onde saíra esa imaxe, que forma parte das promesas de campaña de Feijóo, e que aparece de forma sorprendente nos ordenadores a seis días das eleccións autonómicas. A imaxe vai ilustrada cun texto que indica que se trata da “licitación das obras do edificio de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense”.

Carmen Acuña denuncia, unha vez máis, a utilización por parte do PP de medios públicos para facer publicidade institucional. A utilización deste proxecto de forma partidista a través de medios públicos como son os ordenadores do CHOU, forma parte da campaña de Feijóo que xa tivo que retirar varias noticias da web institucional da Xunta por vulnerar a Lei Electoral ata en seis ocasións, como foi no caso de Pemex.

O novo hospital de Ourense, que foi proxectado polo bipartito, que tamén fixo un Plan Director consensuado cos profesionales do CHOU, foi modificado en diversas ocasións polo PP, quen anunciou en diversas ocasións a obtención de fondos europeos para a súa construcción, aínda que nos orzamentos autonómicos nunca apareceu unha dotación para o mesmo.

Por outra banda, os socialistas galegos acusan tamén á xerente do CHOU, curmá de Feijóo, de crear a categoría de Xefe do Servizo de Urxencias para darlla ó seu marido. Este cargo, que non existe en ningún outro centro hospitalario galego, foi creado ‘ad-hoc’ e en tempo de desconto por Eloína Núñez para premiar a súa parella. O obxectivo, segundo denuncia o PSdeG, é garantirlle ao seu marido este posto de traballo no futuro, un cargo que leva incorporado o conseguinte aumento salarial.

O nomeamento vai en liña co feito nesta mesma lexislatura pola actual conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, quen tamén designou ao seu cónxuxe xefe de Servizo de Cirurxía do CHUS. Este nomeamento, moi cuestionado pola clase médica, realizouse con Rocío Mosquera como xerente do Sergas e Pilar Farjas como titular de Sanidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar