Os socialistas acusan a Rueda de impulsar unha reforma do sector público para favorecer a opacidade e a arbitrariedade nas contratacións e privatizar servizos de política social

Os socialistas acusan a Rueda de impulsar unha reforma do sector público para favorecer a opacidade e a arbitrariedade nas contratacións e privatizar servizos de política social

Os socialistas acusan a Rueda de impulsar unha reforma do sector público para favorecer a opacidade e a arbitrariedade nas contratacións e privatizar servizos de política social

Esixiron a devolución do Proxecto de lei de racionalización do sector público

Beatriz Sestayo acusou a Rueda de seguir a folla de ruta de Montoro e querer eliminar competencias dos concellos para favorecer a privatización das políticas sociais

Reprocha ao conselleiro que presente unha lei orquestra, que privatiza, facilita o despido de traballadores públicos e deixa as axencias de tecidos e de transplantes en perigosa situación de privatización, por un aforro de 600.000€, o que custa un pouco menos de medio quilómetro de estrada

beatriz sestayo roldaA parlamentaria socialista, Beatriz Sestayo, foi a encargada de defender a emenda de devolución do Proxecto de Lei racionalización do sector público autonómico, cuxo debate de totalidade tivo lugar hoxe no Pleno da Cámara.

A portavoz de Xustiza do GP Socialista recriminou ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda de facer unha “lei orquestra”, enfocada a aumentar a discrecionalidade da Xunta a costa dos principios fundamentais do nosos sistema estatutario e constitucional e que elude os parámetros esenciais de transparencia.

Reprochou Sestayo ao titular de Presidencia que, “por un aforro de 600.000€, o que costa menos de medio quilómetro de estrada”, presenten unha lei que “privatiza, que deixa as axencias en mans privadas, que facilitan o despido de traballadores e os EREs para o emprego público e que mesmo deixa as axencias de tecidos e de transplantes en perigosas situacións de privatización”.

A lei do sector público presentada polo Goberno introduce “arbitrariedade” nos órganos de contratación, para, segundo a parlamentaria do PSdeG, a Xunta teña máis posibilidades de conseguir un “fraude na contratación” burlando a Lei de Contratación Administrativa, a Lei de Procedemento Administrativo e demais normativa autonómica. Como consecuencia se sitúa aos empregados e empregadas públicas en “situación dun ERE de facto”.

Acusou aos populares de facer unha lei para “contratar a quen se quere, para outorgar as mesas de contratación a quen se quere e colocar en mans privadas os órganos instrumentais en mans privadas ou de patrocinadores”.

Sestayo recriminou a Rueda que, co mesmo fin de incrementar a capacidade de actuar de xeito discrecional da Xunta, fixera unha lei “invasora de competencias dos concellos”. Sinalou como exemplo a disposición derrogatoria undécima do texto lexislativo na que se esixe que os programas e servizos dos concellos deberán someterse a informe previo e preceptivo emitido polo órgano competente da Comunidade Autónoma. Así “A xunta de Galicia vai ser a que lle diga a un concello se ten dereito ou non a un servizo de inclusión social, un comedor social, un centro de día ou unha residencia”.

A deputada socialista considera que o se consolida a folla de ruta do ministro Montoro para a “invasión de competencias dos concellos e a agresión ao municipalismo”.

Acusou ao Goberno de facer esta lei para acalar os órganos que aportan información para facer oposición ou que “sirvan para dar transparencia”, como o Instituto Galego de Estatística. “Os órganos que derrogan nesta lei son precisamente os que facilitan determinadas informacións e estatísticas certamente incómodas para o Goberno galego”, afirmou Sestayo.

Criticou que non se tiveran en conta as novas fórmulas de participación cidadá, de simplificación de procedementos, do fomento do uso das tecnoloxías, da promoción da administración electrónica ou do establecemento de boas prácticas. O Goberno presenta “un texto antigo, inútil e de mera propaganda”.

Tampouco reflicte a aprobación de códigos éticos para a totalidade dos responsables do sector público autonómico, deixando á marxe a todos os altos cargos e órganos de dirección do sector autonómico.

“Vostedes, a través dunha lei propaganda están intentando controlar os órganos de contratación e de control cidadán”, acusou a deputada socialista a quen non lle resulta alleo este comportamento do conselleiro a quen acusou de facer gala dunha “liña de autoritarismo” no exercicio da vicepresidencia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar