Os socialistas acusan a Rueda de cómplice silente da imposición da Reforma Local, que nos devolve aos tempos do caciquismo

Os socialistas acusan a Rueda de cómplice silente da imposición da Reforma Local, que nos devolve aos tempos do caciquismo

Os socialistas acusan a Rueda de cómplice silente da imposición da Reforma Local, que nos devolve aos tempos do caciquismo

Beatriz Sestayo esixiu no Pleno a devolución da lei para a adaptar a Galicia a reforma local de Rajoy e Montoro e pediu ao executivo que se sume ás comunidades que levaron a norma ao Constitucional

Os concellos non son os culpables da crise. A parlamentaria cualifica a reforma local como unha coartada económica para a aplicación dunha folla de ruta da dereita e, xunto a da Xustiza, un dos retrocesos máis graves en democracia

Sestayo defendeu tamén máis medios para o Consello Consultivo, no debate final da lei que o regula

A portavoz de Administración Pública do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, esixiu hoxe ao vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, que se “poña do lado do país, de Galicia, e deixe a Rajoy que se defenda soíño”, e recomendoulle a retirada da lei de adaptación da Reforma local de Montoro, recorrida polos socialistas no Constitucional.

Para Sestayo, Rueda foi “cómplice silente dunha grande agresión ao país”, ao non facer ningunha xestión ante un Goberno da súa cor política e ante un presidente galego co quen se lles supón boa relación para “impedir que chegara a entrar en vigor a barbaridade aprobada no Consello de Ministros”, dixo en relación á lei de Racionalización e Reforma da Administración Local.

Recriminou que o vicepresidente, “cando os socialistas dicíamos que ía haber unha reforma local que agredía ao municipalismo, vostede nos acusaba de falar de rumores e non de realidades, pois esta é a realidade, e fronte a esta imposición vostedes calan”.

A deputada socialista instou ao Goberno galego a facer o mesmo que Andalucía. “Cando un Goberno non está de acordo cunha lei non se actúa con complicidade, deféndese a Galicia”, dixo para argumentar a posición favorable ao recurso da lei de Montoro. “Non están aquí para defender a Mariano Rajoy”, reprochou ao Executivo galego, ao que acusou de ser “un coro de colaboracionistas do PP, que está a acabar coa arquitectura institucional que tiñamos”. Censurou o dobre discurso do PP, que primeiro aprópiase das bandeiras e a simboloxía e logo machacan os dereitos que recolle a Constitución.

Acusou aos Gobernos de Feijóo e Rajoy de converter coa reforma e a lei para a súa adaptación de “converter o principio de autonomía local e de suficiencia financeira en subordinación e caciquismo, que vostedes xa levan practicando toda a lexislatura”.

Advertiu da destrución de servizos públicos básico, privatización de servizos e recentralización do poder que vai supoñer a entrada en vigor da reforma local de Rajoy. “Unha consecuencia da ideoloxía da dereita recentralizadora que quere maniatar a concellos e autonomías”. Os populares “pretenden converter a alcaldesas e alcaldes en meros conserxes ás ordes do Goberno central”, denunciou Sestayo, que fixo fincapé no feito de que o texto lexislativo permite “castigar ou discriminar no outorgamento de competencias e servizos segundo a cor política”.

Esixiu a devolución deste texto e que nos devolve “aos tempos do caciquismo”, e pediu aos populares que se poñan do lado da cidadanía, da FEGAM e da FEMP. Finalmente, asegurou que “os cidadáns quedarían alarmados si souberan que os servizos sociais, de emprego, de transporte, consumo ou medio ambiente, quedarán subordinados á arbitrariedade da lei.

A reforma local é, para Beatriz Sestayo, “unha coartada económica para a aplicación dunha folla de ruta da dereita”. Informes como o de FUNCAS “teñen demostrado que os concellos non son os culpables da crise”, dixo. O certo é que “Montoro e Rajoy fixeron unha lei á medida de Valencia e Madrid mediante que pretenden impoñernos a destrución dos servizos públicos”.

A parlamentaria socialista considera esta reforma, xunto coa da Xustiza, “o máis pernicioso para Galicia e un dos retrocesos máis importantes acaecidos en democracia”. Polo que preguntou a Rueda e a Feijóo se pretenden ser recordados polos “autores dunha lei que suprime toda capacidade de autonomía aos concellos e que, vai ser derrogada”, anunciou Sestayo.

“Mais e mellores atribucións e medios” para o Consello Consultivo

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, reclamoulle “mais e mellores atribucións e medios” para o Consello Consultivo, a través dunha emenda para garantir toda a documentación necesaria para cumprir coas peticións de ditames preceptivos que finalmente foi aprobada. Dixo que “non podemos pretender pedirlle informes a este órgano e despois vetarlle os medios necesarios”.

Así o dixo no debate final da Lei do Consello Consultivo de Galicia, que foi aprobada hoxe cos votos favorables dos socialistas galegos. Sestayo salientou o elevado nivel de acordo acadado no debate desta norma, á que os socialistas mantiveron unha emenda ata o último momento para incrementar as atribucións do órgano.

A emenda socialista determina que no caso de que o Consello Consultivo considere o expediente incompleto “poderá solicitar no prazo de dez días que se complete con cantos antecedentes, informes e probas sexan necesarios”. Considerou como “lóxica” esta petición para dotar ao Consello Consultivo dos medios necesarios para garantir a transparencia da administración.

A responsable socialista salientou o elevado nivel de acordo no debate desta Lei, un caso “excepcional” que contrasta coa imposición da maioría absoluta do PP no resto dos textos lexislativos. Reclamoulle ao PP que “tomen nota da excepcionalidade desta Lei para aplicala a outras leis de importancia fundamental, como a Lei de Reforma da Administración Local”.

Sestayo salientou que grazas ás aportacións dos socialistas galegos a este debate “non se restrinxirá nin vetará o acceso a este órgano a persoas relacionadas co dereito penal”, flexibilizando a participación de xuristas con experiencia nos informes do Consello Consultivo. Ademais, salientou que a partires de agora o Consello da Xunta escollerá a dous dos membros do Consello Consultivo, e o Parlamento a outros tres proporcionalmente, para que entre estes cinco conselleiros escollan ao seu presidente.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar