Os socialistas acusan a Louzán de empregar a deputación para fortalecer o entramado clientelar do PP en Pontevedra

Os socialistas acusan a Louzán de empregar a deputación para fortalecer o entramado clientelar do PP en Pontevedra

Os socialistas acusan a Louzán de empregar a deputación para fortalecer o entramado clientelar do PP en Pontevedra

Na comisión de Orzamentos, Abel Losada recriminou ao presidente que os investimentos da Deputación baixaran un 54% en catro anos mentres aumentaba o gasto corrente en 11 M€ e o gasto de persoal nun 28,5%

O deputado socialista rexeitou a descrición da provincia feita por Louzán e salientou que en Pontevedra ten 110.000 desempregados e 10.600 familias sen ingresos

Louzán gastou 800.000 euros en publicidade da Volta ciclista e outros 600.000 en anuncios de outras actuacións da Deputación

Losada censurou que o presidente da Deputación abuse da modificación de crédito, poñendo os orzamentos ao servizo dos intereses electorais do PP e instouno a cesar a práctica de ir entregando cheques pola provincia e se pase á transferencia bancaria

O socialista criticou a falta de transparencia da institución e esixiu máis información sobre a vinculación de Louzán e do PPdeG na presunta financiación ilegal do PP e no caso Bárcenas

Abel LosadaO parlamentario socialista, Abel Losada, afirmou hoxe, na comisión de Orzamentos, que a Deputación de Pontevedra goberna só para os intereses do Partido Popular e denunciou que os orzamentos presentados á comisión polo seu Presidente, Rafael Louzán, “oculta redes clientelares”.

O parlamentario socialista pola provincia de Pontevedra recriminou ao Presidente da Deputación o emprego de “cheques” como forma de pago habitual do ente provincial. Losada recordou a Louzán que “esta país xa mudou” e censurou que o responsable do organismo provincial “vai polos concellos repartindo esmola como o persoaxe da Sra. Marquesa en Los Santos Inocentes” e instouno a “esquecerse” dunha práctica “denigrante para quen dá e humillante para quen a recibe”.

O deputado do PSdeG manifestou o seu desacordo coa descrición que fixo Rafael Louzán da provincia pontevedresa e salientou que “o presente son 110.000 desempregados, 4.000 empregados menos que o ano pasado e 10.600 fogares sen ingresos.

O socialista reprochou que se teñan empregado os orzamentos provinciais para “outras prioridades” como a promoción de mocións de censura en concellos onde gobernaba a esquerda. “Non se defenden os mesmos intereses desde a esquerda e desde a dereita”, afirmou Losada. Os Orzamentos son unha ferramenta política, pero si se somete a case un 30% a modificacións de crédito (30M€) a xuízo do deputado do PSdeG se “elimina” o orzamento como instrumento de facer política.

Recordou Losada que no período 2009-2013 os investimentos reducíronse en -54%, mentres o gasto de persoal medrou un 28,5% e o gasto corrente incrementouse en 11 millóns de euros. “Un escenario macroeconómico perfecto para os que en 2009 xa eran conscientes da crise”, ironizou. Tamén lle reprochou a Louzán que en 2012a débeda viva fora do 60%, algo que dixo que se debe a unha orzamentación nefasta e orientada á defensa dos intereses do PP na provincia.

Neste mesmo sentido orientou a crítica no gasto de publicidade da institución provincial. Losada resumiu este gasto en 800.000€ de publicidade da Volta a España, dos que 136.700€ en medios da provincia, e outros 600.000 euros para publicitar outras actuacións.

Insistiu o deputado na orientación de todo o presuposto da Deputación cara a defensa dos intereses do PP pontevedrés. O estadio de fútbol de Pasarón, ou a rede de pousadas, nunha zona con saturación de oferta turística como as Rías Baixas, obedecen á satisfacción dos intereses dos alcaldes, das empresas construtoras ou das que se encargan da súa explotación. Losada rexeitou que Louzán gobernase “para o interese de todos os pontevedreses”, como este dixera na súa intervención.

BÁRCENAS

O deputado socialista denunciou tamén un déficit de gobernanza ata o punto de que o Partido Socialista presentou unha demanda xudicial porque se lles nega a documentación.

O parlamentario do PSdeG esixiu a Rafael Louzán maior transparencia a respecto da súa implicación no caso da presunto financiamento ilegal do PP e a implicación do PP pontevedrés e do propio Presidente da Deputación coa aparición na documentación de Bárcenas de sobres cara a rúa Génova.

Este caso, afirma Losada, afecta directamente á Deputación e “conviría unha explicación máis alá de que está sub iudice”. Para o socialista, os responsables políticos deben dar a cara e recordou que Louzán compartira responsabilidades directivas nos tempos de Pablo Crespo como secretario de Organización do PPdeG. “Por moito compartimento estanco que existira, algunha relación habería”, dixo Losada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar