Os socialistas acusan a Feijóo de ter reducido os orzamentos de igualdade e protección das mulleres mentres as vítimas por violencia de xénero se duplican dende 2009

Os socialistas acusan a Feijóo de ter reducido os orzamentos de igualdade e protección das mulleres mentres as vítimas por violencia de xénero se duplican dende 2009

Os socialistas acusan a Feijóo de ter reducido os orzamentos de igualdade e protección das mulleres mentres as vítimas por violencia de xénero se duplican dende 2009

Carmen Acuña advirte que o goberno galego conxela o salario para as vítimas, unha axuda que é negada ao 74 por cento das vítimas que solicitan protección

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou a Feijóo de ter reducido os orzamentos para igualdade, promoción e protección da muller sistematicamente dende 2009, mentres o número de vítimas se duplicou. Así o dixo na comparecencia da secretaria xeral de Igualdade en Comisión parlamentaria para presentar o informe anual sobre violencia de xénero.

A deputada socialista criticou que esta partida ten descendido outros 600.000 euros para no ano 2013, nunha liña constante dende a chegada de Feijóo ao goberno galego. Advertiu que esta política insensible coa situación das vítimas de violencia machista levounos a conxelar o salario das vítimas no mes de xullo “para que só reciban un salario 286 vítimas das 1.067 que incoaron unha orde de protección”.

Isto supón, explicou, que o 74 por cento das mulleres que solicitaron axuda quedaron sen recibir este salario, un 35 por cento menos que no ano anterior, evidenciando que “nunca resultan importantes as medidas de protección ás vítimas relacionadas co salario e a vivenda”, mentres desmantelan os Centros de Información á Muller.

Explicou que en 2013 tan só foron emitidos 211 informes para a incorporación de mulleres vítimas aos programas de inserción laboral –un 19 por cento- e só participaron nos programas de cooperación 56 mulleres vítimas –un 5,2 por cento-. Actualmente, dixo, so 6 mulleres vítimas dispoñen dunha vivenda de protección oficial e só 305 conseguiron axudas para alugueiro, un programa que tamén se reduciu nun 35 por cento.

Acuña censurou o desleixo goberno galego diante dun problema da magnitude da violencia de xénero mentres conceden 889.777 euros ás asociacións relixiosas e provida

A responsable socialista explicou que das 53 mulleres vítimas da violencia machista, tres delas o teñan sido en Galicia, mentres “só unha delas tiña denunciado” a súa situación e esixiu un estudo sobre a causas que “obrigan” ás mulleres maltratadas a “someterse de novo”. Reclamou o incremento na atención psicolóxica ás vítimas, equidade territorial entre os concellos no reparto de axudas e formación gratuíta específica para os letrados.

Carmen Acuña lembrou as protestas recentes das asociacións de mulleres vítimas de violencia de xénero, mesmo chegando a protagonizar folgas de fame contra os recortes e a falla de axudas por parte do goberno de Feijóo. Estes grupos sinalan que mentres a violencia terrorista de ETA matou a 857 persoas dende 1968, a violencia machista provocou o falecemento de 8.500 mulleres.

Aborto

A deputada socialista equiparou ademais a Lei contra o aborto coa violencia contra as mulleres, xa que “si violencia machista é atacar a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres independentemente do ámbito en que se produza expliquen si non é violencia machista o que con este proxecto pretende facer coas mulleres o goberno do PP e a Conferencia Episcopal”.

Sinalou que “o maior ataque e o maior maltrato que se lle pode infrinxir ás mulleres é precisamente a aprobación deste proxecto de Lei do PP que prohibe a interrupción voluntaria do embarazo anulando ás mulleres, tanto na nosa capacidade de decidir como na responsabilidade sobre esta mesma decisión”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar