Os socialistas acusan a Feijóo de rachar o consenso en torno ao galego e de impoñer unha ideoloxía excluínte coa lingua

Os socialistas acusan a Feijóo de rachar o consenso en torno ao galego e de impoñer unha ideoloxía excluínte coa lingua

Os socialistas acusan a Feijóo de rachar o consenso en torno ao galego e de impoñer unha ideoloxía excluínte coa lingua

Os socialistas acudiron cunha nutrida representación institucional, orgánica e de militantes e simpatizantes do PSdeG á manifestación en defensa do Galego convocada pola plataforma cidadá “Queremos Galego” en Santiago.

Tal e como explicou o Portavoz do Grupo Socialista na Cámara galega, Abel Losada, “neste 50 cabodano da conmemoración do Día das Letras Galegas, os socialistas queremos manifestar o apoio á lingua galega, á creación literaria en galego porque entendemos que é un patrimonio de todos”.

Salientou que a través da lei de normalización lingüística, “votada por todo o Parlamento”, foise construíndo un consenso que “o Goberno presidido por Feijóo ten rachado de maneira unilateral”, acusou Losada. Condenan os socialistas que o Partido Popular teña posto o idioma, antepoñendo unha ideoloxía, “excluínte coa lingua galega” ao que “debera ser un patrimonio de todos”.

O galego, apuntou Losada, é un patrimonio cultural e de identidade pero tamén, “nun momento de crise como o actual”, entende o socialista que “é un valor económico”. Explica Losada que para os socialistas o idioma ten que actuar como axente económico que xere riqueza e acusa ao Goberno de Feijóo, “cos tics autoritarios que o caracterizan”, de excluír ao galego como un elemento de “crecemento e de conformación dun país”, afirmou.

O PSdeG-PSOE situarase “diametralmente en fronte destas posturas”, afirmou o seu portavoz parlamentario, quen dixo ser este o motivo polo que se atopaban na manifestación.

Xunto a Losada acudiron á manifestación de Compostela, Francisco Caamaño, portavoz parlamentario de lingua e cultura, e os parlamentarios Carmen Gallego, Xosé A. Sánchez Bugallo e Xosé Luis Méndez. Tamén estiveron os deputados no Congreso Guillermo Meijón e Laura Seara e unha nutrida representación de alcaldes e portavoces municipais do PSdeG, xunto con militantes e simpatizantes que se uniron tras a pancarta das XSG, encabezada polo seu Secretario Xeral, Aitor Bouza.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar