Os socialistas acusan a Feijóo de “permitir condutas neocoloniais cos intereses de Galicia” e esíxenlle “lealdade co país” defendendo a continuidade de Navantia e NGB

Os socialistas acusan a Feijóo de “permitir condutas neocoloniais cos intereses de Galicia” e esíxenlle “lealdade co país” defendendo a continuidade de Navantia e NGB

Os socialistas acusan a Feijóo de “permitir condutas neocoloniais cos intereses de Galicia” e esíxenlle “lealdade co país” defendendo a continuidade de Navantia e NGB

José Luis Méndez Romeu tilda ao presidente da Xunta de “aprendiz de bruxo” por iniciar o proceso de fusión das caixas “para logo abandonalo”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “permitir condutas neocoloniais cos intereses de Galicia”. Así o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta no Pleno do Parlamento, no que o portavoz socialista reclamoulle a Feijóo “lealdade co país” e “defenda a continuidade de Navantia e NGB”.

O responsable socialista advertiu que o presidente da Xunta “vai conseguir que desapareza completamente o sistema financeiro galego” ao permitir a utilización de NGB como “moeda de cambio para resolver os problemas de terceiros ou axudar a Rajoy a resolver o conflito catalán”.

Fixo alusión así ás entrevistas de Feijóo co presidente de CaixaBank, Isidre Fainé, interesado na compra da entidade galega e ao mesmo tempo “accionista de referencia en Gas Natural e mais en Repsol, compartindo intereses estratéxicos en Pemex”. Aludiu deste xeito a que a entidade catalana ten o 36 por cento de Gas Natural, o 13 por cento de Repsol e o 20 do banco mexicano Inbursa, quen apoia a Pemex para controlar Repsol.

Criticou a deslealdade de Feijóo con Galicia cando a semana pasada “estaba no Ritz coa xente guapa predicando un mundo feliz” mentres o ministro de Economía eliminaba un flotel no concurso que era adiado por Pemex e Navantia anunciaba a súa reestruturación.

Preguntoulle ademais ao presidente da Xunta si “cando fala cos responsables de Gas Natural – Unión Fenosa fala da construción de gaseiros en Navantia ou só do investimento dunha academia nos Peares”.

Presentou como a “mellor mostra de deslealdade” que a principal empresa produtora de enerxía de Galicia, principal adxudicataria do concurso eólico e adxudicataria de Sogama anuncie a construción dos Barcos fora de Galicia sen que Feijóo vaia falar con eles para que se fagan en Navantia.

Aprendiz de bruxo

O responsable socialista cualificou a Feijóo de “aprendiz de bruxo” por encetar procesos “que logo abandona” como o concurso eólico, Pescanova, Alimentos Lácteos ou a fusión das caixas galegas. Acusouno de estar “mais atento á publicidade que de traballar a reo para levar os proxectos a porto”.

Criticou a urxencia na venda de NGB coa conivencia da Xunta, que permite a poxa acelerada en lugar de agardar ao límite imposto polo FROB, en 2017, precisamente cando a entidade resulta viable. Lembroulle ao presidente da Xunta que está “obrigado a defender os intereses galegos” antes de acusalo de “claudicar diante da imposición do FROB”.

Sinalou que a venda suporía a entrega “a perdas” dunha entidade que ten absorbido 10.000 millóns de euros de diñeiro público para entregárllela a unha entidade externa que se leve a entidade fora de Galicia logo dunha nova reestruturación ou a un fondo de investimentos que a volva vender dentro de varios anos.

Acusouno de “renunciar a conseguir unha entidade con maioría de capital galego ou garantir a súa permanencia en Galicia, como demandan os sectores de opinión e empresariais”. Méndez Romeu lembrou as editoriais do Financial Times ou do New York Times, que descualifican “sen paliativos” o proceso de venda e o presentan como “un erro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar