Os socialistas reclaman explicacións claras sobre a implicación do PPdeG nos papeles de Bárcenas

Os socialistas reclaman explicacións claras sobre a implicación do PPdeG nos papeles de Bárcenas

Os socialistas reclaman explicacións claras sobre a implicación do PPdeG nos papeles de Bárcenas

abel losada

 

Os constantes atrancos que o Grupo Popular ven interpoñendo para impedir a comparecencia de Núñez Feijóo sobre o escándalo do presunto financiamento irregular do PP, coñecido como caso Bárcenas, alimenta a desconfianza do Grupo Socialista na “vontade de transparencia dos populares”.

Así o afirmou hoxe, en rolda de prensa, o portavoz socialista, Abel Losada, que anunciou o rexistro dunha solicitude de comparecencia e unha interpelación do Presidente da Xunta, ambas de carácter urxente e para materializarse no primeiro pleno ordinario de setembro.

Losada considera que Feijóo debera optar pola comparecencia, xa que a interpelación limita o seu tempo de explicación a dez minutos. Para o deputado socialista o Presidente da Xunta non pode eludir máis a comparecencia polo caso Bárcenas e a implicación do PPdeG no presunto financiamento ilegal do PP. “Coas primeiras datas, Feijóo dicía que el era un técnico e que practicamente non era nin militante do PP”, dixo Losada para afirmar a continuación que co paso do tampo o caso Bárcenas “acaba afectando cronoloxicamente” ao titular do Executivo, ao aparecer referencias aos anos 2005, 2006 ata o ano 2009, cando Feijóo non só é militante senón que chega a ser Presidente do PPdeG”, recordou.

O Portavoz do Grupo Socialista fixo fincapé en que “nunha parte dese tempo”, cando se di que o fluxo de diñeiro “en B” entra na caixa do PP de Madrid vía PP de G, Núñez Feijóo era Conselleiro de Política Territorial  e Vicepresidente da Xunta de Manuel Fraga.

Os papeis asinados por Modesto Fernández, daquela xerente do PPdeG e trasladados á contabilidade de Bárcenas son, para Losada “os papeis de Bárcenas, pero tamén os de Feijóo”, e necesitan “luz, taquígrafos e explicacións”.

O deputado socialista recordou que xa na Deputació Permanente se rexeitara a celebración dun Pleno extraordinario para abordar este asunto, tamén se pediu por parte do GP socialista, a través do art. 9 a información sobre adxudicacións ás empresas FCC, ACS e OHL, das que se publicou que proporcionaron fondos “en B” ao PPdeG.

“A día de hoxe, aínda non a temos”. O portavoz socialista espera que as escusas relativas ao volume e á antigüidade, empregados no Caso Dorado, non sirvan neste caso.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar