Os socialistas acusan a Feijóo de liquidar aos investigadores científicos máis cualificados de Galicia

Os socialistas acusan a Feijóo de liquidar aos investigadores científicos máis cualificados de Galicia

Os socialistas acusan a Feijóo de liquidar aos investigadores científicos máis cualificados de Galicia

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu interveu na Comisión 6ª do Parlamento, para reclamar á Xunta mellorar o desenrolo do I+D na nosa Comunidade. A proposta que foi rexeitada polo PP, reclamaba mellorar as condicións laborais do persoal investigador, reforzar os grupos de investigación con persoal administrativo, substituír as bolsas existentes por contratos de investigación, retomar o programa Manuel Colmeiro, abordar cos Clusters a planificación nas empresas, entre outros puntos.

Alí acusou a Feijóo de liquidar aos investigadores mais cualificados do pensamento científico en Galicia. E proseguiu “o Partido Popular esta enterrando a 3 xeracións de capital humano difícil de recuperar”.

Méndez Romeu explicou que o “pesimismo esta instalado nos investigadores, nas empresas, nas institucións e nos organismos públicos de investigacións, pola nefasta xestión da Xunta neste campo”.

O parlamentario socialista di que o obxectivo marcado polo Goberno de Feijóo para acadar unha investimento na investigación, dun un 3% do PIB no ano 2020 e no ano 2015 un 2% , afirma que “queda moi lonxe, e que nos atrasa no desenrolo do I+D”.

O portavoz de Industria denuncia unha minoración nos orzamentos da Xunta dun 32%, e replica que estas cifras “abren unha fenda entre a investigación publica e privada sen precedentes en Galicia”. E cualifica este orzamento “como un recorte serio e difícil”.

A Xunta contratou a 15 investigadores

Sinala ademais que no ano 2008 a Xunta de Galicia contratou a 586 investigadores e advirte que no ano 2011 o Goberno de Feijóo “ten previsto contratar 15”. E engadiu “as cifras falan por si solas, xa que hai unha minoración dun 95%”.

Méndez dixo que non se pode perder o tren do I+D “sen innovación non hai investigación”. E asevera que na nosa Comunidade xa se perderon 4.700 empregos relacionados coas tecnoloxías.

Ademais aludiu as propias criticas do Cluster de Galicia que denuncian unha falla de cultura empresarial de investigación e innovación por parte da Xunta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar