Os socialistas acusan a Feijóo de incumprir as súas promesas para recuperar o río Umia

Os socialistas acusan a Feijóo de incumprir as súas promesas para recuperar o río Umia

Os socialistas acusan a Feijóo de incumprir as súas promesas para recuperar o río Umia

A deputada do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Cajide interveu no Pleno da Cámara para defender unha Proposición na que reclamou á Xunta a traer ao Parlamento de Galicia antes da celebración do Pleno dos días 3 e 4 de maio do 2011, o Plan Integral de Saneamento do Umia e concretar as actuacións do mesmo en cada concello, o orzamento de cada unha das actuacións e as anualidades e partidas orzamentarias dedicadas a este Plan Integral. A proposta foi rexeitada polo PP e polo deputado e candidato á alcaldía de Caldas de Reis Jesus Goldar. Denuncia que o PP oponse a esta proposta porque non teñen elaborado este proxecto sobre o Plan Integral do Umia.

Na súa intervención, a deputada enviou un afectuoso saúdo e recoñecemento do PSdeG-PSOE ao Alcalde de Caldas de Reis e alcaldesa de Cuntis o Alcalde de Moraña, a Coordinadora antiencoro, a Adega, a Asociación de Propietarios e a todas aquelas agrupacións e persoas individuais, que tanto loitaron e seguen loitando polo río Umia.

Cajide lembrou que o 28 de marzo o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras anunciou en Pontevedra, nunha xuntanza con alcaldes e alcaldesas dos concellos da zona do Umia e co Presidente da Deputación a realización dun Plan Integral de Actuación para o Río Umia cun orzamento de 22,4 millóns de euros ata o ano 2015. E replica que nos orzamento da Xunta non aparece nin un so euro.

A deputada afirma que foi o PP “quen feriu de morte o río Umia, xa que a súa nefasta xestión fai máis dunha década creou este grave problema no Umia coa construcción do encoro da Baxe”, espetou.

E envioulle unha mensaxe ao deputado e candidato Jesus Goldar “supoño que a estas alturas non seguirá crendo que o encoro do Umia tivera por finalidade eliminar as inundacións de Caldas ou abastecer de auga potable os concellos do Sanés”, insistiu. E tamén aludiu a “dobre moral” do deputado do PP, xa que asevera que no “Concello de Caldas vota unha cousa e no Parlamento outra”, criticou.

A deputada pontevedresa tamén se referiu á visita do PP, na pasada lexislatura, en vésperas de eleccións en Caldas de Reis para comprometerse co Umia. Dixo que Feióo, prometeu que si gañaba as eleccións afrontaría un dos grandes problemas, recuperar a marxe e couces do Umia, pero denuncia que “pasaron máis de dous anos e de momento solo promesas”.

Pregunta en Pleno de lucimento

A maiores Cajide lembrou a pregunta de lucimento que ten preparada unha pregunta para dar xabón ao Conselleiro sobre este tema, e advirte que “debería de estar dándolle é un bo tirón de orellas pola construcción do encoro e por non facer nada nestes dous anos”, resumiu.

Plan Umia do 2001

Trala votación a deputada Carmen Cajide amosou a súa desconfianza de que este Plan se vaia a levar adiante, “xa que a postura negativa do PP para entregar o Plan, fainos supoñer que todo estas promesas se van a quedar nun caixón, igual que o vídeo que entregou o PP en Caldas de Reis, Cuntis e Moraña a tódolos veciños, na campaña do 2001”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar