Os socialistas acusan a Feijóo de impulsar unha “economía de casino” e convocar “concursos tramposos para favorecer un capitalismo de amiguetes” a costa dos servizos públicos

Os socialistas acusan a Feijóo de impulsar unha “economía de casino” e convocar “concursos tramposos para favorecer un capitalismo de amiguetes” a costa dos servizos públicos

Os socialistas acusan a Feijóo de impulsar unha “economía de casino” e convocar “concursos tramposos para favorecer un capitalismo de amiguetes” a costa dos servizos públicos

Méndez Romeu critica que con Feijóo “só melloran os que xa eran moi ricos” mentres a súa política económica mais exítosa “é a da emigración”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou a Feijóo de impulsar unha “economía de casino a costa dos servizos públicos”. Na sesión de control ao presidente da Xunta no Pleno do Parlamento celebrado hoxe, Méndez Romeu responsabilizou a Feijóo de que Galicia ofreza os peores datos económicos do século.

O responsable socialista dixo que Feijóo organiza “concursos tramposos para favorecer un capitalismo de amiguetes pero incapaces de xerar investimentos ou emprego”. Neste sentido aludiu ao “pelotazo” de 1.552 millóns de euros na autovía de Ourense, o Hospital de Vigo ou os consecutivos concursos para privatizar o sistema público de saúde.

A conclusión é que “só melloran os que xa eran moi ricos” mentres o presidente da Xunta “non está en condicións de saír á rúa e dicirlle a ningún sector social de Galicia que está mellor que antes, nin en salarios, nin en oportunidades nin en cobertura pública”.

Advertiu que as cifras das que presume Feijóo en realidade derivan de “efectos estatísticos enganosos” xa que “a produtividade mellora porque cada vez somos menos con salarios mais baixos” e non como consecuencia da innovación e o investimento en tecnoloxía. Explicou que “por moito que onte se colgaran dos fondos comunitarios, a realidade é que cada ano reduce o I+D e hoxe ten un 35 por cento menos que o Estado”.

Sinalou que “a día de hoxe, a súa política económica mais exitosa é a da emigración” con 29.000 galegos e galegas mozos e altamente cualificados marchando cada ano na busca de emprego”.

Méndez Romeu criticou mesmo a falla de contidos da última viaxe de Feijóo a México e Panamá, e lembrou que malia que anuncie “unha morea de contratos” co primeiro país, ese dato non está respaldado “por ningunha empresa de Galicia”. Sinalou que mentres Galicia tan só destina o 1 por cento do comercio exterior a México, Panamá resulta “irrelevante” neses termos, e os anuncios do presidente da Xunta limítanse a “promesas”.

Informe BBVA

O parlamentario socialista tomou os datos o informe elaborado polo BBVA, que o propio Feijóo esgrimiu hoxe, para lembrarlle que as súas previsións foron equivocadas con respecto a Galicia xa nos exercicios 2011, 12 e 13. Aínda así, engadiu, o mesmo informe resulta “extremadamente crítico” coa situación do emprego nesta autonomía, sinalando que “farán falta 9 anos mais para chegar aos niveis de ocupación do anterior goberno”.

Tamén resulta “extremadamente crítico coa situación do consumo e a contratación pública” en Galicia, que con Feijóo acadou o nivel de licitación pública “mais baixa do século”, pasando de supor o 5 por cento do PIB co anterior goberno ao 1 por cento de hoxe.

Emprego

Méndez Romeu advertiu que malia que o goberno “pregoa que saímos da crise e que estamos na senda do crecemento” a realidade é que o propio Ministerio de Facenda retrasa a creación de emprego a 2017, mentres “en Galicia nin sequera cabe ese leve optimismo”. A realidade é que Feijóo suma xa 277.800 persoas no paro, cun crecemento porcentual superior á media do Estado e unha taxa de actividade 6 puntos menor.

Con Feijóo, dixo, hai 180.000 persoas menos con traballo, a ocupación baixou un 16 por cento e os afiliados á Seguridade Social un 13 por cento, presentando “as peores cifras de España”. o desemprego creceu un 70 por cento e os orzamentos para combatelo baixaron un 65 por cento, nunha resposta “totalmente sorprendente”.

Ademais, o PIB pasou de estar 7 décimas por enriba da media do Estado en 2012 a tan só unha décima actualmente “polo incremento da destrución do emprego e a caída do consumo”. Mentres melloran as exportacións grazas a Inditex e Citröen, que supoñen a metade do total, aínda así, engadiu, “estamos 15 puntos por debaixo da media do Estado e cun menor peso relativo que co anterior goberno.

Engadiu que a Xunta “non axuda ás empresas, o Igape está paralizado e carecen de capacidade de influenza na economía” logo de deixar sen executar dúas terceiras partes dos orzamentos de transferencias para investimentos en 2013.

O proxecto estrela de Feijóo, o plan eólico, provocou que “o sector eólico e enerxético estea destrozado”, hai dez puntos menos de crédito que a media e “por riba desapareceron as entidades galegas”. Concluíu que “sen axudas e sen crédito a actividade económica está ralentizada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar