Os socialistas acusan a Feijóo de fraude electoral ao incumprir de xeito flagrante o seu programa electoral nos asuntos que máis afectan á calidade de vida da cidadanía

Os socialistas acusan a Feijóo de fraude electoral ao incumprir de xeito flagrante o seu programa electoral nos asuntos que máis afectan á calidade de vida da cidadanía

Os socialistas acusan a Feijóo de fraude electoral ao incumprir de xeito flagrante o seu programa electoral nos asuntos que máis afectan á calidade de vida da cidadanía

Méndez Romeu, que fixo balance de período de sesións, reprochou ao titular do Executivo o incremento da débeda pública, e o abandono de competencias en materia de emprego

O portavoz socialista recriminou o silencio de Feijóo respecto da venda de NGB

Reprochoulle o fracaso en política enerxética, que rematou co sector das renovables e coa oportunidade de emprego derivada do falido concurso eólico

Censurou a falta de diálogo do lexislativo co principal grupo da oposición

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, ven de definir o ano de lexislatura cumprido por Feijóo como “unha presidencia convertida nunha fraude electoral permanente”, que “incumpre flagrantemente o programa electoral” co que concorreu ás eleccións hai soamente un ano.

Censura Méndez que Feijóo incumpra o seu programa precisamente “no que afecta á á calidade de vida dos cidadáns deste país”.

O voceiro socialista en O Hórreo ofreceu hoxe unha rolda de prensa de balance de período de sesións na de debullou o programa electoral co se presentara nas elección autonómicas Núñez Feijóo. Méndez Romeu recordou ao titular do Executivo que enunciara no seu programa de política financeira os seus principios, non gastar o que non se ten e redución paulatina das ratios de débeda pública.

A realidade, replicou Méndez, hoxe a débeda está por riba dos 10.000 millóns de euros máis tres mil millóns en pagos adiados ás empresas que optaron ao sistema público privado de contratación. Con respecto ao ano 2008, a débeda aumentou en 5.443 millóns de euros, e representa para a nosa comunidade o 16,8 %, no ano 2008 era do 8%. Méndez salientou que mentres daquela cada galego soportaba unha débeda de 1.400€, hoxe debe 3.500€. Para o voceiro socialista non de pode falar de cumprimento da promesa electoral.

Citou tamén o compromiso do líder popular de facer auditorías de todos os entes públicos e recriminou a Feijóo que o grupo popular veña rexeitando de xeito reiterado a petición de socialista de auditoría de SOGAMA. Para que se xustifique a intención de subir as taxas. Lonxe de iso “recíbense ameazas”, dixo Méndez en alusión ás declaracións públicas dos seus directivos. Recordou sobre este extremo que o PSdeG ten rexistrado unha Proposición de Lei que se debaterá no vindeiro período de sesións.

Respecto ao financiamento autonómico, Méndez Romeu recordou a oferta socialista de respaldo a unha proposta construtiva posta sobre a mesa do Secretario Xeral, Gómez Besteiro no seu primeiro encontro con Feijóo e reiterada aos poucos días no Debate sobre o Estado da Autonomía. “Sen resposta ata hoxe” nin compromiso do presidente da Xunta.

Tamén votou en cara ao titular da Xunta que prometera a consolidación dunha entidade financeira galega, pero, “a día de hoxe seguimos sen ter unha mínima resposta oficial nin do FROB, nin do ministro de Economía, Guindos, nin do Presidente da Xunta”. Méndez esixiu do xefe do Executivo galego explicacións, “quen era tan locuaz anunciando hipóteses, hoxe garda silencio cando se ten producido unha realidade”, reprochou o portavoz socialista a Feijóo, pregúntase “se acaso ese silencio se debe a que hai algo que non se deba contar”.

Respecto do Emprego, este aparece en 17 items do programa electoral con que se presentara Feijóo. “Fronte ás vaguidades do programa electoral, unha realidade catastrófica e fora de control e, sobre todo o desinterese da Xunta polas competencias que ten”.

Respecto da Política Agraria Común, non se coñecen accións relevantes. A pesares do ofrecemento do PSdeG.

Falaba tamén o programa popular do sector naval. Aprobábase na Cámara unha iniciativa socialista por unanimidade para a construción do dique flotante de Ferrol. Méndez censurou a “farsa do PP, que votou a favor en Galicia e encontra ao día seguinte no Senado” o voceiro socialista recriminou a Feijóo a “frivolidade” coa que sostén os seus compromisos.

Méndez Romeu citou tamén a cuestión enerxética. Cando a proposta electoral de Feijóo se centraba na limitación e control do réxime tarifario a realidade é que está “desbocado”. Polo camiño, sinalou Méndez, uns cambios lexislativos cos que se “liquidou todo o sector das enerxías renovables e con el o plan de emprego e industrial derivado do falido concurso eólico”. As empresas eléctricas anuncian unha sucesión de alzas nos custos da enerxía que pagamos os cidadáns.

Un conxunto de incumprimentos moi notables que teñen que ver coas condicións de vida deste país. Fronte a esta “triste situación” Méndez cifrou en 4.000 as iniciativas presentadas polo Grupo Socialista, das que só o 1% obtivo o respaldo do grupo maioritario. “Un triste balance que fala da cativa capacidade de diálogo” do Grupo Popular e do Goberno. Tampouco recibiron apoio dos populares as 50 resolucións presentadas ao debate de autonomía, nin as 700 emendas aos Orzamentos, onde só se aceptou unha de carácter puntual.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar