Os socialistas acusan a Feijóo de exercer de “cómplice” na liquidación do sistema financeiro galego

Os socialistas acusan a Feijóo de exercer de “cómplice” na liquidación do sistema financeiro galego

Os socialistas acusan a Feijóo de exercer de “cómplice” na liquidación do sistema financeiro galego

Méndez Romeu critica a operación de venda de NGB por “escura, precipitada e ruinosa”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou hoxe que o presidente da Xunta exerza de “cómplice” na liquidación do sistema financeiro galego por parte do goberno central con Mariano Rajoy á cabeza. O responsable socialista criticou a venda de NGB por ser unha operación “escura, precipitada e ruinosa”.

Méndez Romeu explicou que a operación resulta escura por canto “estanse modificando as regras de xogo de día en día para decidir a venda da entidade de acordo cos designios do goberno español”. Sinalou que é precipitada porque a decisión tense acelerado a 2013, cando Bruxelas permitía adiar o prazo ata 2017, permitindo un escenario financeiro moito mais favorable e con marxe para explorar a participación de capital galego.

Finalmente, subliñou que a operación resulta ruinosa “porque o FROB vai vender cunha elevada perda, a diferenza do que ocorreu noutros países en procesos semellantes de nacionalización”.

Dixo que “esta é unha operación na que en ningún momento se ten explicitado que gaña Galicia, que gaña a economía galega” e cales son as contrapartidas para as empresas e as familias”. Engadiu que “con esta actuación de Rajoy e Feijóo Galicia é a única comunidade histórica de España sen sistema financeiro algún”.

Méndez Romeu advertiu que, en lugar de garantir que non se produza perda de emprego, a realidade desta operación abre a posibilidade de que “se perderán ata 2.000 novos empregos na estrutura de NGB”. Sinalou que “non se garante a recuperación de crédito” e exclúe aos preferentistas estafados, que “permanecerán nun limbo ata que se produzan as sentenzas xudiciais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar