Os socialistas acusan a Feijóo de demostrar un “interese exclusivamente electoralista e partidista na emigración”

Os socialistas acusan a Feijóo de demostrar un “interese exclusivamente electoralista e partidista na emigración”

Os socialistas acusan a Feijóo de demostrar un “interese exclusivamente electoralista e partidista na emigración”

O portavoz de Emigración do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe ao presidente da Xunta de evidenciar un “interese exclusivamente electoralista e partidista da emigración”. Así o dixo logo de evidenciar a coincidencia entre a reforma do voto emigrante e o recorte de dereitos e prestacións do colectivo, que deixa en “abandono total”.

Méndez Romeu sinalou que mentres o Congreso aprobaba a reforma electoral o mércores, o xoves era o Consello da Xunta o que anunciaba a disolución da Fundación Galicia Saúde, que presta apoio financeiro ao Hospital do Centro Galego de Bos Aires. Explicou que este cambio da situación electoral produciu a “restrición de dereitos e axudas a quen máis o necesita” por parte do Executivo de Feijóo.

Acusou á Xunta de provocar a entrada en crise do hospital retirando o seu financiamento e abocándoo a unha “situación crítica” e o “abandono total” mentres o esforzo do goberno anterior permitiu convertelo en hospital de referencia. Dixo que o presidente da Xunta “non cumpre cos seus compromisos” ao amparar a “fuxida ignominiosa” deste centro mentres os xestores buscan financiamento e arriscan o seu patrimonio histórico.

O parlamentario socialista sinalou que Feijóo está levando a cabo un “quebro histórico á atención dos emigrantes” xa que nas súas declaracións non se desprende “nin un só compromiso nin unha soa verba que garanta a recuperación do financiamento” do hospital. Reclamou a recuperación da axuda financeira ao Hospital acordada no seu día, a que “non hai ningún motivo para rachar co compromiso cos emigrantes”.

Engadiu que a pesares do compromiso da Xunta de entregar 1,5 millóns de euros anuais para sufragar o déficit e permitir a xestión do hospital, nos orzamentos aprobados en decembro “non hai partidas” para a institución e mesmo rexéitase unha emenda do PSdeG-PSOE neste sentido.

Actualmente, dixo, o Hospital Galego de Bos Aires atópase nunha fase “crítica” pola falla de respaldo da Xunta e facendo fronte a un pasivo de 22 millóns de euros e a retirada de 6 millóns de euros de beneficios fiscais que deixará de percibir pola extinción da Fundación. Dixo que a directiva ten que negociar cos acredores contando cunha axuda financeira da Xunta “prometida e sempre adiada” mentres a farmacia social atópase “desabastecida”.

Promesas falsas

Criticou o recorte de dereitos e prestacións por parte do Executivo mentres o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, exhibe unha “linguaxe electoralista de conflito e promesas falsas”. A realidade, explicou, Méndez Romeu, é que a Xunta reduciu o orzamento de Emigración un 39 por cento en dous anos, e a atención e prestacións a emigrantes nun 46 por cento no mesmo período.

Méndez Romeu explicou que 2010 foi o “annus horribilis” do Hospital, que comezou o pasado mes de xaneiro coa adxudicación “a dedo”, por parte da Xunta, da xestión do centro ao grupo 3A Recoletas a cambio de 3,1 millóns de euros anuais en 9 anos, ademais de asumir o déficit.

A continuación, no mes de xuño, o mesmo grupo abandona a xestión sen explicación e celébranse eleccións por primeira vez no centro, que gañou o grupo contrario á privatización e á liña “oficial” impulsada dende a Xunta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar