Os socialistas acusan a Feijóo de converter o Parlamento nun “muro das lamentacións” no que “reboten” as peticións dos deputados e deputadas

Os socialistas acusan a Feijóo de converter o Parlamento nun “muro das lamentacións” no que “reboten” as peticións dos deputados e deputadas

Os socialistas acusan a Feijóo de converter o Parlamento nun “muro das lamentacións” no que “reboten” as peticións dos deputados e deputadas

Méndez Romeu denuncia que a Xunta permanece “imperturbable” fronte aos problemas reais da cidadanía

Carmen Gallego anuncia unha xornada de debate sobre os recortes nos servizos sociais na que será analizado o novo recorte nas axudas á dependencia publicadas hoxe no DOG

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe a Feijóo de converter o Parlamento no “muro das lamentacións” fronte ao que as peticións dos deputados “reboten diante dun goberno imperturbable” fronte aos problemas reais da cidadanía. Méndez Romeu presentou unha xornada de debate sobre os recortes aos servizos sociais organizada polos socialistas este venres “para saír do debate pechado ao que o PP tenta reducir a política galega”.

O responsable socialista criticou a indolencia de Feijóo e do seu goberno fronte ás dificultades que están a provocar na cidadanía os seus cinco anos consecutivos de recortes. Criticou que o presidente galego “fuxe e non quere dar a cara”, como demostra que aínda non comparecera para explicar as súas políticas de emprego malia que os socialistas o están pedindo cada Pleno dende que comezou a lexislatura.

Sinalou que a cidadanía demanda a atención dun goberno que só responde ás protestas, como demostra que o conselleiro de Medio Ambiente só falara cos alcaldes sobre o incremento do canon de Sogama cando levaron a protesta ás portas do despacho do presidente. Así mesmo, negáronse a ver aos mariñeiros ata que comezaron as protestas na rúa, e “en canto presentou un principio de negociación acabouse o problema”.

Méndez Romeu explicou que “si o goberno non quere que a cidadanía participe do debate tentaremos facelo cos nosos medios limitados” organizando xornadas de debate sobre temas estratéxicos no Parlamento de Galicia. Así foi nas dúas primeiras xornadas, sobre os modelos de xestión de residuos e o dereito a decidir das mulleres, e así será na convocatoria do próximo venres para falar sobre os recortes en servizos sociais.

Esta xornada terá continuidade nas próximas datas con debates sobre a política agraria, as condicións de vida dos traballadores do mar ou a situación dos dereitos da cidadanía diante da involución do sistema xudicial que está encetando o PP.

Servizos sociais

A viceportavoz do Grupo Socialista e portavoz de Política Social, Carmen Gallego, explicou que a xornada servirá para analizar os recortes drásticos do goberno galego en política social e evidenciar que o PP “aproveita a crise para desmantelar o Estado do Benestar. Dixo que dende 2009 Feijóo “deixou de gastar en acción social un de cada catro euros dos que se executaban hai catro anos” e a consellería de Benestar pasou de executar 723.000 a 551.000 euros ao ano.

As consecuencias, dixo, reflíctense no informe de Cáritas “que tanto molesta a Feijóo e ao goberno” porque explica que a renda media vense reducindo ano a ano un 5 por cento, mentres o risco de pobreza e exclusión social crece un 20 por cento dende 2008. Hoxe en Galicia hai en torno a 665.000 persoas en risco de exclusión social, tantas como toda a poboación de Ourense e Lugo, un 23,8 por cento da poboación de Galicia.

Explicou que a xornada do próximo venres centrarase en “coñecer a situación do mundo real” e o impacto do novo recorte nas prestacións para as libranzas por dependencia publicado hoxe no DOG. A Xunta, dixo, volve reducir as axudas para atender a dependentes de grao 3, o mais alto, de 833 a 715 euros, mentres o grao 1 pasa de 180 a 153 euros.

Tamén analizarán a situación dos concellos fronte ao desmantelamento dos servizos sociais pola vía da reforma da Lei de Réxime Local, que o conselleiro de Presidencia “pretende adiar ata 2015, para que non se vexan os efectos na cidadanía ata despois das eleccións municipais”.

Xornada

A xornada, que será inaugurada polo secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, e clausurada polo portavoz do Grupo Socialista, contará cunha mesa redonda sobre “O impacto dos recortes dos gobernos de Rajoy e Feijóo nas políticas sociais”.

Este debate estará moderado pola portavoz de Políticas Sociais, Carmen Gallego, e contará coa participación da portavoz de políticas integrais da discapacidade do PSOE no Congreso, Laura Seara, o secretario xeral de Cogami, Ignacio Rodríguez, e o director xerente de Fademga – Feaps Galicia, Antonio Fuenteaja.

A continuación terá lugar un debate sobre a situación dos servizos sociais nos concellos galegos no que participarán o xerente do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Víctor González Meizoso, e a concelleira de Benestar, Igualdade e Normalización Lingüística do concello de Vigo, Isaura Abelairas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar