Losada acusa a Feijoo de avalar unha privatización de NG Banco cunha operación financeira que non permita a entrada de inversores ata o seu saneamento público

Losada acusa a Feijoo de avalar unha privatización de NG Banco cunha operación financeira que non permita a entrada de inversores ata o seu saneamento público

Losada acusa a Feijoo de avalar unha privatización de NG Banco cunha operación financeira que non permita a entrada de inversores ata o seu saneamento público

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, afirmou que o anuncio de NCG Banco de retrasar a entrada de inversores externos ata que non se sanee a entidade bancaria vén a “cumprir as expectativas socialistas sobre a liña de actuación de Feijoo co sistema financeiro galego”, consistente en sanear unha entidade financeira pública con diñeiro de todos para logo privatizala, tal e como sucedeu coa autoestrada AP-9.

Ademais, a operación financeira dada a coñecer desvela como esta fusión acabou “intentando xustificar a entrada de capital privado de forma suficiente para garantir a solvencia da entidade, complementado co busca de financiamento privado”. Unha vez incumprida esta fase de procura de capital foráneo “desvélase a verdadeira estratexia de Feijoo e da dereita, saneando un banco con fondos públicos de todos os cidadáns, para logo privatizalo”.

O responsable socialista denunciou unha vez máis a falta de transparencia e a opacidade coa que se desenvolveu todo o proceso de fusión e lembrou que a día de hoxe desde o PSdeG-PSOE “seguimos esperando os resultados do informe auditor de KPMG que lle custou aos galegos 1 millón de euros e que afirmaba que a entidade fusionada obtería beneficios transcorrido tan só un ano da súa fusión”. “Non coñecemos os resultados e os responsables do informe están desaparecidos”, afirmou.

Abel Losada destacou que este anuncio referenda os principios da dereita a hora de actuar sobre a intervención pública na economía, actuacións que responden á “estratexia desenvolvida sempre desde a dereita de socializar as perdas e privatizar os beneficios, que sempre os levan os seus amigos”, afirmou.

Neste sentido, engadiu que “non facían falla grandes gurús da economía para conseguir inversores unha vez que a institución financeira estivera saneada con fondos públicos, fose viable e tivera beneficios”. “Unha vez mais o Sr. Feijoo enganou aos galegos e nos ocultou a verdadeira axenda política e os obxectivos perseguidos coas súas decisións”, afirmou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar