Os socialistas acusan a Feijóo de amparar a liquidación das bolsas Erasmus

Os socialistas acusan a Feijóo de amparar a liquidación das bolsas Erasmus

Os socialistas acusan a Feijóo de amparar a liquidación das bolsas Erasmus

Carmen Gallego lamenta que o PP rexeite no Parlamento unha iniciativa para manter estas axudas logo do recorte do 70 por cento asestado por Rajoy

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe a Feijóo de “amparar a liquidación das bolsas Erasmus” de estudos na UE. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei na Comisión de Política Social na que os socialistas reclamaban o mantemento destas axudas e que foi rexeitada polo PP.

A deputada socialista lembrou que mentres a UE incrementa as partidas para estas bolsas, o goberno central ven de reducilas nun 70 por cento, pasando dun investimento de 62,5 millóns de euros en 2011, co goberno de Zapatero, ata os 18 de Rajoy. Reclamoulle ao goberno galego que explique “como van facer para que os estudantes poidan acceder a estas bolsas si o goberno as suprime e a Xunta mantén a mesma contía.

Dixo que “mentres anuncian melloras nas convocatorias destas axudas a realidade é que queren acabar coas bolsas Erasmus”, xa que mentres Rajoy as suprime o goberno de Galicia permanece “mudo e inactivo, e nin sequera é capaz de suplir o recorte do goberno central”.

Pobre, inxusto e desigual

O resultado será, dixo, “un país mais pobre, mais inxusto e mais desigual” porque “ao PP non lle interesa que os mozos poidan viaxar a outros países e aprender outros idiomas a través da educación pública”.

Esixiulle ao PP que “deixen de presumir e asuman as súas competencias, e deixen de bautizar como melloras un recorte clarísimo das bolsas Erasmus e o que é un intento nítido de acabar con elas”. Lembrou así que mentres anuncian a mellora da situación económica a realidade é que o paro aumentou 70 por cento en Galicia e 1,3 millóns de persoas en todo o Estado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar