Os socialistas acusan a Diego Calvo de acabar coa xestión transparente e a cooperación dos anteriores presidentes e de instaurar un sistema partidista na Deputación da Coruña

Os socialistas acusan a Diego Calvo de acabar coa xestión transparente e a cooperación dos anteriores presidentes e de instaurar un sistema partidista na Deputación da Coruña

Os socialistas acusan a Diego Calvo de acabar coa xestión transparente e a cooperación dos anteriores presidentes e de instaurar un sistema partidista na Deputación da Coruña

Na Comisión de Orzamentos, Marisol Soneira censurou a Calvo que teña resolto o 97% da contratación do último exercicio polo procedemento negociado sen publicidade

A deputada socialista denuncia que se pasou dun modelo aberto de concorrencia das empresas, 40 de media, a chamar a 5. Os mecanismos fiscalizadores xa teñen manifestado o seu reparo a estas contratacións

Recrimina a Calvo que acometera unha reforma administrativa para adaptar o persoal aos novos métodos

Diego calvo no Parlamento de GaliciaA parlamentaria socialista, Marisol Soneira, ven de recriminarlle ao Presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, que teña acabado co modelo de xestión transparente e de cooperación instaurado na institución coruñesa e respectado polos distintos presidentes provinciais desde Marfany a Fernádez Moreda.

Un modelo que “ninguén cuestionaba” e os concellos, sobre todo os pequenos, víanse reflectidos en igualdade de condicións. Soneira criticou a Calvo que “isto que falaba de distribución territorial, actuación non partidista e solidaria, os concellos da provincia da Coruña, por primeira vez, en décadas xa non o están percibindo”.

A deputada socialista censurou que a actual administración popular ten tomado decisións que “alteran gravemente” o modelo de funcionamento da institución. Soneira puxo de exemplo que o 97% dos contratos no último exercicio foron polo procedemento negociado e sen publicidade.

Cando o modelo que viña imperando con presidentes de distintas formacións políticas foi “aberto” a todas as empresas da provincia. As empresas que concorren baixou dunha media de 40 empresas a 5, que son as que chama e coas que negocia Diego Calvo, criticou a parlamentaria do PSdeG. Este modelo que introduciu Calvo, sostén Soneira, custoulle á Deputación da Coruña en torno a algo máis de 800.000 euros.

Por iso, “cando di que vai destinar 22 millóns de euros a acondicionamento das vías provinciais, está a dicir que vai chamar a cinco empresas, de promedio”, criticou Marisol Soneira, en lugar de “recorrer ao procedemento habitual da Deputación” para que todas as empresas que queiran concorran e se poidan producir unhas melloras e unha baixas que incrementen un remanente de tesourería do que sacar novos plans que faciliten a xestión dos concellos.

Tamén lle reprochou a Calvo que é coñecedor que todas estas contratacións “teñen reparos” por parte dos servizos de fiscalización provinciais, sendo “ a primeira vez que pasa”, sinalou Soneira. Non se sabe se esta serie de “reparos” á súa xestión forman parte dos motivos que impulsaron a reforma administrativa que emprendeu Diego Calvo na Deputación da Coruña, criticou Soneira.

Unha reforma consistente na substitución de funcionarios acostumados ao funcionamento habitual da institución por outros que “veñen de fora, moitos deles da Administración Autonómica”, con un criterio que “serve ao modelo que ten metido na cabeza” o responsable do organismo supramunicipal pero non ao modelo “imperante” ata a chegada de Calvo á presidencia. Salienta tamén a socialista que “nos custa máis”, en cantidades superiores aos 600.000€.

Segundo os datos de 2012, Soneira denunciou que a deputación xestionada por Diego Calvo ten o nivel de execución mais baixo de Galicia.

Respecto á discriminación por cor política, a deputada socialista achacou a Diego Calvo un recorte aos concellos socialistas con escola ou conservatorio de música un 59,2%, aos do BNG o 68%. No caso dos gobernados polo PP o recorte foi do 0,6%.

“Están fallando as bases que daban credibilidade á xestión e á administración da Deputación”, insistiu Soneira.

A parlamentaria recriminou ao presidente da institución provincial que non falara nada de asuntos tan relevantes como a nova taxa do lixo, que a Xunta impón e que os concellos van ter que asumir porque non poden repercutilo aos seus cidadáns, como xa sucedera co canon da auga. Acusou á Xunta de converter aos concellos en meros “cobradores” das súas taxas.

Tampouco falou Calvo da nova lei de Administración Local, impulsada polo Executivo de Rajoy. “Se a lei sae como quere o PP en Madrid, cando a deputación se teña que facer cargo dos servizos que non poden atender os concellos de menos de 20.000 habitantes, vai someter ao modelo de negociación sen publicidade o servizo de atención domiciliaria, ou outros servizos sociais, con que criterios, en base a que?, preguntou Soneira.

Para a socialista non existen moitos concellos en Galicia, como argumentan os populares para avalar as fusións, en realidade, acusa Soneira, estase reponsabilizando aos concellos da débeda pública, “cando todo o mundo sabe que non é certo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar