Os socialistas acusan á consellería de Infraestruturas de pagar “publicidade enganosa” con recursos públicos

Os socialistas acusan á consellería de Infraestruturas de pagar “publicidade enganosa” con recursos públicos

Os socialistas acusan á consellería de Infraestruturas de pagar “publicidade enganosa” con recursos públicos

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Ismael Rego, acusou hoxe á Consellería de Infraestruturas de ter pagado “publicidade enganosa” con recursos públicos. Rego preguntou hoxe na Comisión de Obras Públicas polos especiais contratados por este departamento nos medios de comunicación.

Rego acusou á Consellería “enganar aos cidadáns pagando o mesmo engano con recursos procedentes dos impostos de todos e de todas”, xa que “contratan especiais informativos para anunciar actuacións en materia de vivenda, medio ambiente ou infraestruturas que nunca se ven cumpridos”. Sinalou que estes anuncios “a maior gloria do conselleiro” finalmente “non están nos orzamentos nin nas actuacións concretas da Xunta”.

Acusou á Xunta de contratar páxinas dos medios de comunicación que “non aparecen como publicidade institucional, senón como especiais informativos nos que resulta imposible discernir o que é información do que é un espazo publicitario pagado”. Criticou que “non teñen logo da Xunta de Galicia nin informan de que se trata de publicidade institucional”.

Amparo da presidencia

Reclamou “que os cidadáns coñezan a verdade de cómo se gastan os orzamentos do goberno da suposta austeridade” e acusou ao representante da Xunta de “vir a tomar o pelo” ao evitar dar estes datos. Rego reclamou o amparo da presidenta do Parlamento pola negativa da Xunta a entregar os datos en resposta a esta pregunta primeiro como pregunta escrita e hoxe no seu trámite como pregunta oral en Comisión.

Rego acusou ao goberno galego de incumprir a Lei de Transparencia ao non facer pública esta información “de oficio” na web da Consellería, e dixo que “a cidadanía, así como os parlamentarios e os mesmos medios de comunicación teñen dereito a coñecer estes contratos publicitarios”.

Reclamou que explique “qué interese teñen para agochar os datos” e subliñou que “eu teño dereito a facer a pregunta, os cidadáns teñen dereito a saber a verdade do que fan cos recursos que proceden deles”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar