Os socialistas, acompañados de AGE e BNG, solicitan a comparecencia de Feijóo para dar conta do impacto da corrupción

Os socialistas, acompañados de AGE e BNG, solicitan a comparecencia de Feijóo para dar conta do impacto da corrupción

Os socialistas, acompañados de AGE e BNG, solicitan a comparecencia de Feijóo para dar conta do impacto da corrupción

Abel Losada salienta que Feijóo “leva catro meses pedindo explicacións pero sen dicir nada” sobre as vinculacións do PPdeG co caso Bárcenas ou a situación do Concello de Santiago

Reclama a comparecencia urxente da conselleira de Facenda para dar conta da contracción da economía e da destrución de emprego e servizos sociais que ven de producir o recorte de déficit de Feijóo

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, anunciou que AGE e BNG veñen de aceptar a invitación deste grupo a presentar unha solicitude conxunta de comparecencia de Feijóo para dar conta do impacto social, económico e político en Galicia dos casos de corrupción que atenazan ao seu partido.

Esta solicitude, que foi presentada polos tres grupos da oposición unidos, salienta a “imperiosa necesidade de que Feijóo dea a cara” e salga da “posición numantina de agochar a cabeza” diante dos graves casos que afectan ao seu partido. Lembra que o presidente da Xunta leva catro meses pedindo explicacións pero “sen dicir absolutamente nada” da situación do PPdeG.

Losada lembra que este partido está “tocado” polos rexistros de diñeiro negro do ex tesoureiro do PP, Luis Bárcenas, que apuntan a que o PPdeG foi o principal provedor de fondos irregulares do partido. Sinalou que Feijóo debe “dar a cara” logo do “clamor social” e diante do “perigoso espectáculo” que supón o “desfile de policías” pola sede de Génova ou o desfile de imputados polo caso Pokémon no PP na capital de Galicia.

O portavoz socialista advertiu que o presidente do goberno galego “debe comparecer” dada a relevancia económica, política e social que ten a corrupción na vida desta Comunidade Autónoma.

Facenda

O responsable socialista reclamou tamén a comparecencia da conselleira de Facenda para dar conta diante do Pleno do Parlamento do impacto negativo que ten a obsesión de Feijóo sobre o déficit na contracción da economía galega, o crecemento do desemprego e no deterioro dos servizos públicos. Dixo que a conselleira debe explicar tamén o “escandaloso” desvío do escenario macroeconómico previsto pola Xunta para 2012.

Explicou que mentres a Xunta preveu un crecemento do PIB do 1,1 por cento, a realidade foi que se reduciu un 1,2, o que supón unha diferenza do 209,09 por cento, equivalente a 1.295 millóns de euros. Dixo que esta variación “responde ou á incompetencia ou a un intento descarado de maquillar os datos”, e lembrou cómo o propio Consello de Contas constatou que o Goberno é “experto” no agochamento de déficit.

Losada considera “extremadamente difícil” xustificar a aposta do presidente da Xunta polo déficit cero logo de coñecer o balance do ano 2012, o que lle levou a quedarse nun déficit do 1,19 por cento cando estaba permitido o 1,5, unha diferenza que equivale a renunciar a 175 millóns de euros para Galicia. denunciou que a renuncia a estes fondos e os recortes conseguintes en realidade busca “a apertura de negocio para as empresas privadas”.

Engadiu que esta situación provocou unha caída do 5,3 por cento no investimento en servizos públicos, un 4,9 por cento mais do anunciado polo goberno galego, que era o 0,4. En termos absolutos supón un recorte de 588 millóns de euros nos orzamentos públicos.

Losada engadiu a estes desaxustes nas previsións da Xunta de Galicia o crecemento do paro, que no ano 2012 foi de 63.800 persoas mais das que prevía a Xunta, xa que fronte a unha taxa prevista do 16,4 por cento, a realidade foi que o paro en Galicia situouse no 21,3 por cento. Dixo que a evidencia do fracaso da política económica de Feijóo radica no dato do paro de febreiro coñecido hoxe, polo que Galicia acadou xa os 292.823 desempregados.

Megalomanía

O responsable socialista dixo que a “megalomanía” que está a cultivar Feijóo o leva a buscar o déficit cero nunha “fuxida cara adiante” esquecéndose dos preto de 300.000 parados, os 600.000 galegos por baixo do limiar da pobreza, os 90.000 fogares con tódalas familias en paro e 30.000 sen ningún tipo de ingreso.

En resposta a preguntas dos xornalistas, o responsable socialista negou a existencia de ningún “desafío” a Ferraz coa proposta de consulta aos militantes para escoller ao próximo secretario xeral, que foi aprobada pola maioría do Comité Nacional do PSdeG na xuntanza deste sábado. Dixo que “cando tódalas partes queren un acordo, o razoable, normal e desexable é que se produza ese acordo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar