Os socialistas abandonan a comisión de Sanidade polo veto á comparecencia da conselleira para explicar a concesión irregular da praza do seu marido

Os socialistas abandonan a comisión de Sanidade polo veto á comparecencia da conselleira para explicar a concesión irregular da praza do seu marido

Os socialistas abandonan a comisión de Sanidade polo veto á comparecencia da conselleira para explicar a concesión irregular da praza do seu marido

Carmen Gallego advirte que a negativa da conselleira obriga a que “o presidente da Xunta teña que dar explicacións no Pleno do Parlamento”

As deputadas do Grupo Socialista abandonaron hoxe a Comisión de Sanidade en protesta polo veto á comparecencia da conselleira de sanidade para dar conta do caso de nepotismo que afecta ao seu marido. Así o dixeron logo de que a Xunta enviara hoxe á directora xeral de Recursos Humanos do Sergas a explicar o caso, impedindo a presenza da conselleira, como solicitaran os socialistas.

A portavoz do PSdeG na comisión, Carmen Gallego, explicou que “si a conselleira non quere comparecer e o PP segue vetando a súa comparecencia para explicar un caso de nepotismo nos veremos obrigados a pedirlle explicacións ao presidente da Xunta no Pleno do Parlamento”.

Os socialistas solicitaran onte, diante da Mesa da Comisión e a Mesa do Parlamento a anulación da comparecencia da directora xeral de Recursos Humanos e a súa substitución pola da conselleira. Esta solicitude foi rexeitada polo PP, ao que Gallego respondeu reclamando “explicacións políticas por parte dos membros do goberno” e non dunha directora xeral que nin sequera estaba no cargo cando tivo lugar o caso.

Sentenza

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, explicou pola súa banda que “non necesitamos aclaracións de procedemento administrativo”, que xa están “claras na sentenza” do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Este tribunal anulou o procedemento de asignación da xefatura do servizo de Cirurxía do Hospital de Santiago ao marido da actual conselleira de Sanidade por “desvío de poder”.

Os socialistas consideran que este “claro caso de nepotismo” dentro da administración galega merece as explicacións por parte da conselleira de Sanidade “ou no seu defecto por parte do presidente da Xunta”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar