Os senadores socialistas galegos rexeitan a reforma das pensións e explicarán a súa postura en varias charlas xunto a Francisco Martínez-Aldama

O portavoz de Emprego do PSOE no Senado estará hoxe e mañá en Galicia

O portavoz do PSOE no Senado, Francisco Martínez-Aldama, dará varias charlas en Galicia para explicar a postura socialista ante a reforma das pensións aprobada polo PP, que suporá unha baixada de ata o 20% en só dez anos.

Xunto a Martínez-Aldama, estarán os senadores socialistas galegos Ricardo Varela, Javier Losada, Ángeles Marra, Paula Fernández Pena e Miguel Fidalgo. Esta tarde, ás 20:00 horas, se celebrará unha das charlas na sede do PSdeG en A Coruña.

Os socialistas consideran que a baixada das pensións é unha das peores consecuencias da inxusta política do Partido Popular coas familias que teñen menos ingresos, xa que a reforma non establece diferenzas en función da renda ou os ingresos dos cidadáns.

O Goberno actuou á marxe do Pacto de Toledo para modificar a lexislación e subir as pensións un 0,25% cada ano, en lugar de axustar a suba coa desviación anual do IPC, tal e como figura na normativa vixente.

A consecuencia, cun IPC medio do 2%, será que en dez anos os pensionistas perderán un 20% do seu poder adquisitivo. Os socialistas lamentan que o PP aproveite a crise para acabar co sistema público de pensións e que sexa substituído en todo ou parte por plans privados de aforro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar