Os senadores e senadoras do PSdeG esixen ao Goberno o impulso da reparación das vías en Galicia

Os senadores e senadoras do PSdeG esixen ao Goberno o impulso da reparación das vías en Galicia

Os senadores e senadoras do PSdeG esixen ao Goberno o impulso da reparación das vías en Galicia

Paula Fernández Pena, Miguel Fidalgo, Ricardo Varela, Javier Losada e Ángeles Marra reclaman a inmediata e urxente reparación do sistema viario galego cuxo deterioro manifesto está provocando non só unha evidente involución na seguridade vial e a comodidade da condución, senón que compromete a perda de competitividad interterritorial nunha comunidade históricamente illada

Os senadores socialistas galegos Paula Fernández Pena, Miguel Fidalgo, Ricardo Varela, Javier Losada e Anxos Marra anunciaron que van presentar no rexistro da Cámara Alta unha moción na que esixen ao Goberno o impulso da reparación das vías na Comunidade Autónoma de Galicia. Dita iniciativa debaterase nunha próxima sesión da Comisión de Fomento do Senado.

Concretamente, os socialistas reclaman ao Ministerio de Fomento a inmediata e urxente reparación do sistema viario galego cuxo deterioro manifesto está provocando non só unha evidente involución na seguridade vial e a comodidade da condución, senón que compromete a perda de competitividad interterritorial nunha comunidade históricamente illada.

Os parlamentarios do PSOE denuncian, ademais, que o abandono no mantemento das vías galegas nos último anos terá un custo engadido xa que supoñerá un aumento exponencial dos custos de reparación (cada euro non investido a tempo en reforzo dos firmes transfórmase en 5 euros aos 3 anos e 25 euros no quinto) o que lastrará os investimentos futuros "non só non invisten na rede pública, senón que imposibilitarán futuros labores de mantemento".

Tamén aseguran que o estado das vías provoca un gasto imposto aos cidadáns que as usan xa que o seu deterioro provoca un incremento dos custos de mantemento dos vehículos e un considerable aumento das emisións contaminantes.

Por todo iso, presentarán unha moción na Comisión de Fomento para instar ao Ministerio a que impulse a reparación das vías galegas, habilitando, para iso, os fondos establecidos nos Orzamentos Xerais do Estado de 2014 e as modificacións presupuestarias necesarias

Para rematar, solicitaron que, nos Orzamentos de 2015, duplíquense os fondos destinados á conservación e ás actuacións de seguridade vial nas estradas de titularidad do Estado da Comunidade Autónoma de Galicia. "O Ministerio debe prever fondos suficientes para que se poida facer as reparaciones con garantías", apostilaron.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar