Os senadores socialistas galegos denuncian que o PP virou as costas a Ferrol e ao futuro de Navantia tras rexeitar unha emenda do PSOE sobre o dique flotante

Os senadores socialistas galegos denuncian que o PP virou as costas a Ferrol e ao futuro de Navantia tras rexeitar unha emenda do PSOE sobre o dique flotante

Os senadores socialistas galegos denuncian que o PP virou as costas a Ferrol e ao futuro de Navantia tras rexeitar unha emenda do PSOE sobre o dique flotante

O PP rexeita unha emenda do PSOE sobre Navantia-Ferrol no debate do proxecto de Lei sobre os Presupostos Xerais do Estado para 2014

Javier Losada, Anxos Marra, Miguel Fidalgo, Ricardo Varela e Paula Fernández Pena lamentan a dobre cara e as mentiras do PP que tras rexeitar onte unha emenda defendida por Marra sobre o dique flotante hoxe anuncian que van propiciar que se debata unha emenda similar na Cámara Alta

Subliñan que o PSOE mostrou o seu compromiso con Navantia e aseguran que agora os senadores galegos do PP van ter que dar explicacións de por que dixeron que "non" a Ferrol

Os senadores socialistas galegos, Javier Losada, Anxos Marra, Paula Fernández Pena, Miguel Fidalgo, e Ricardo Varela ofreceron esta mañá unha rolda de prensa na Cámara Alta para denunciar que o Partido Popular virou as costas aos ferroláns, ao emprego e ao futuro de Navantia-Ferrol tras rexeitar no día de onte unha emenda socialista sobre o dique flotante.

O senador socialista pola Coruña, Javier Losada, explicou que o Grupo Popular votou onte en contra dunha emenda, aos Presupostos Xerais para 2014, que foi defendida pola senadora Ángeles Marra na que o Grupo Socialista se comprometía con Ferrol e co dique flotante. Losada mostrou a súa sorpresa pola reacción dos dirixentes do PP na área de Ferrol que aseguraron que propiciarán no Senado unha emenda para votar a favor do dique flotante, unha proposta que non ten xa cabida nesta lei, como sostén o regulamento da Cámara. "Onte tiveron a oportunidade de votar a favor do dique flotante e perdérona. Dixeron "non a Navantia-Ferrol e ao futuro dos ferroláns".

O parlamentario do PSOE destacou que "hoxe vimos con desagrado a dobre cara do PP e as súas mentiras. Comprobamos como o PP pode ter dúas varas de medir porque onte rexeitan a proposta do PSOE sobre o dique flotante e hoxe sosteñen que van propoñer que se debata esa emenda no Senado, unha cuestión imposible de levar a cabo,". Neste punto, recalcou que os populares viraron as costas a Ferrol, ao dique flotante, ao emprego e ao futuro de Navantia-Ferrol e puntualizou que foron, precisamente, os socialistas os que recolleron a luva dos ferroláns.

"Denunciamos que mentres o PSOE está comprometido con Ferrol e os seus traballadores, o PP vira as costas aos ferroláns, ao parlamento galego, aos propios militantes do PP en Galicia, á Xunta de Galicia. Rajoy non ten ningún compromiso nin con Galicia, nin con Ferrol nin cos galegos", apostilou.

A continuación, aclarou que o dique flotante é un investimento necesario para Navantia-Ferrol por dúas razóns. En primeiro lugar, porque xera carga de traballo (hai que recordar que se produciron máis de 2.000 despedimentos nos últimos meses propiciados pola nula xestión de Navantia e do Goberno de Rajoy". Ademais, de xerar carga de traballo, propicia que Navantia se prepare para algo que vai ser o futuro dos estaleiros en España e Europa: a reparación. Javier Losada apuntou que "coa aprobación da emenda socialista se ían conseguir estes dous obxectivos. Nós insistimos nesta proposta en anteriores preguntas e pedimos ao Goberno que realizara ese investimento. Propuxémolo nos presupostos de 2013 e dixéronnos que non. Volvémolo facer nos Presupostos para 2014 na emenda presentada pola senadora Marra e volvéronnos dicir que non".

Agora, os senadores galegos do PP van ter que dar explicacións de por que dixeron que "non" a Ferrol e á emenda presentada polos socialistas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar