Os retrasos na convocatoria de axudas predoutorais pon en perigo as teses dos mellores expedientes académicos

Os retrasos na convocatoria de axudas predoutorais pon en perigo as teses dos mellores expedientes académicos

Os retrasos na convocatoria de axudas predoutorais pon en perigo as teses dos mellores expedientes académicos

UniversidadeA portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, vén de anunciar unha serie de iniciativas parlamentarias nas que denuncia que o retraso da convocatoria nas axudas predoutorais concedidas polo goberno galego pon en perigo a realización das teses dos mellores expedientes académicos de Galicia.

Burgo sinala que os recortes do goberno galego levaron á paralización de ditas bolsas, convocadas anualmente en xullo ou agosto e que a mes de novembro aínda non foron anunciadas. Advirte que os doutorandos dispoñen dun prazo límite de tres anos para presentar as súas teses, polo que un retraso de tan só un ano pode obrigar ao abandono do seu obxectivo, xa que dependen das aportacións do goberno galego.

A responsable socialista reclama polo tanto que a Xunta convoque “de inmediato” as axudas á etapa predoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011 – 2015 para o ano 2014, que o ano pasado beneficiou a 94 doutorandos en toda Galicia. Advirte que esta decisión “inexplicable” do goberno galego supón o “incumprimento do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento”.

Advirte que a Xunta está a prexudicar inexplicablemente aos mellores expedientes académicos e os que poden garantir un mellor valor engadido ao I+D galego. Censurou a “política cortoplacista” de Feijóo, con “medidas de cara á galería que non teñen efecto sobre o desenvolvemento da investigación en Galicia, que necesita un proxecto claro e unha folla de ruta estrita nun campo no que só a perseverancia da resultado”.

Explica que o investimento en Investigación é en realidade moito menor do que anuncia a Xunta, xa que “nunca chegan a executar o orzamentado”, e que “agora parece que queren recortar aínda mais para aforrar facendo desaparecer unhas axudas que son básicas para a investigación en Galicia”.

Burgo critica que o goberno galego “semelle estar moi interesado en dicir que reteñen talento e captan investigadores de fora, pero a realidade dos feitos pon de manifesto que non teñen intención en crear e formar ese talento no noso país, que é onde está o futuro da ciencia en Galicia”.

Considera “de todo punto inaceptable” a “desidia” da Xunta fronte ás políticas de I+D e sobre as “posibilidades e expectativas” de moitos mozos e mozas que queren formarse en investigación. Sinala que a conxelación da convocatoria de axudas “semella ser un novo recorte ás universidades e o desenvolvemento do I+D+d por Feijóo, que demostra que o seu apoio á investigación é en realidade mera propaganda”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar