Os recortes traerán mais fracaso escolar, a masificación das aulas, o peche das escolas rurais e unha universidade elitista

Os recortes traerán mais fracaso escolar, a masificación das aulas, o peche das escolas rurais e unha universidade elitista

Os recortes traerán mais fracaso escolar, a masificación das aulas, o peche das escolas rurais e unha universidade elitista

Os socialistas Edreira e Leiceaga afirman que, cos gobernos do PP, a Educación que antes era un dereito de todos, pase a ser un dereito duns poucos

Os 1.000 millóns de euros de recorte afectarán de xeito especial clases menos favorecidas, que disporán de menos axudas para acceder á Universidade “á que só poderán ir os fillos dos ricos”

O Secretario de Educación da Executiva do PSdeG-PSOE. Luis Edreira e o portavoz do Grupo Socialista deste área, Xoaquín Fernández Leiceaga, valoraron as consecuencias para Galicia dos recortes dos Gobernos de Rajoy e Feijóo en Educación.

Edreira afirmou que a Educación, que en España e en Galicia era “un dereito de todos, logo deste recorte pasa a ser o dereito duns poucos”.

O secretario executivo e o deputado do PSdeG-PSOE foron debullando as medidas anunciadas polo Goberno. Así, salientaron que a redución da ESO a tres anos, “que beneficia notablemente ao ensino concertado”, a redución de 4 a 2 dos modalidades de Bacharelato ou a non actualización dos módulos da Formación Profesional, son para Edreira “tres cuestións que redundan negativamente nas clases menos favorecidas”.

Nestes tres anos de Goberno Feijóo, recordan os socialistas, se teñen recortado en Educacíón 800 millóns de euros, que, sumados aos que aproba o Goberno Rajoy en Consello de Ministros, a cifra elévase aos 1.000 millóns de euros, precisamente nun sector no que “non andamos sobrados”, afirma o secretario de Educación da Executiva Socialista, apelando as baixas cualificacións do Informe PISA de 2009. Advirte que o sistema educativo galego vaise resentir, en especial “intensificarase o fracaso escolar”.

Os recortes previstos traerán como consecuencia o peche das escolas rurais. Así mesmo o incremento da ratio de alumnos por clase en primaria e secundaria, levará consigo a necesidade de reformar as aulas en varios centros de secundaria.

Esta masificación, de ata 40 alumnos por aula, terá consecuencia directa sobre o emprego. Edreira afirma que os 5.000 profesores interinos e substitutos “irán á rúa”.

No relativo ó ensino universitario, o PSdeG-PSOE acusa aos populares de converter a Universidade nunha institución de elite “á que só poderán ir os fillos dos ricos”.

Leiceaga explica que unha suba de entre o 66% e o 100% das matrículas (entre 500 e 750 euros) podería supoñer para unha familia con dous fillos ter pagar cinco mil euros a maiores do gasto actual só en matrículas para acadar o grado, o que dificulta notablemente o acceso ás clase menos favorecidas, prexudicadas tamén polos desprazamentos que orixine a redución de titulacións.

A isto débense sumar o “recorte moi notable na política de bolsas”, nas que impoñen un maior peso á excelencia que á renda. Tamén se reducen as becas Erasmus ou os maestrados. Leiceaga salienta que “estamos dando varios pasos cara atrás na idea de construír unha Universidade para todos”.

Non se promove a internacionalización da Universidade, nin se afonda na implicación da mesma coa produción científica e investigadora. Para Leiceaga non hai unha intencionalidade reformista nas medidas de Rajoy, senón “contrareformistas”. Para o deputado socialista, o Ministro Wert “disfrazouse de cobrador do frac e quere facer pagar aos alumnos e aos profesores os custes da saída da crise”.

HAI OUTRA MANEIRA DE FACER AS COUSAS

Fernández Leiceaga afirma que “algo non cadra” no discurso de Feijóo, porque si por un lado Galicia xa leva anos adiantándose aos recortes e a súa situación financeira e mellor que noutras comunidades, “non entendemos o entusiasmo co que se suma a estes novos recortes de Rajoy”.

O portavoz de Educación do Grupo Socialista no Hórreo anunciou o rexistro dun conxunto de iniciativas en relación aos recortes e para coñecer a opinión sobre os mesmos do Conselleiro Vázquez, a quen acusou de ser un “hooligan” dos recortes de Rajoy.

Afirma Leiceaga que a situación é moi complicada, pero “os socialistas creemos que hai outra maneira de facer as cousas”. Chamou á reflexión sobre o feito de que os países cos que queremos converxer, “a situación non é como a de aquí”, España gasta menos en Sanidade ou Educación en proporción ao PIB que Alemaña ou Francia. Por iso teñen mellor sistema educativo que nós, conclúe o deputado.

Isto é soportable para estes países porque teñen un sistema fiscal máis eficaz, “e esta é a clave do asunto”, afirma Leiceaga. Apuntou a modo de exemplo que os beneficios fiscais a distintos sectores sociais, para cuestións específicas, non os que afectan a toda a sociedade, son de 38.000 millóns de euros. Con parte dos mesmos, pois non se podería prescindir de todos, o deputado socialista afirma que “teríamos capacidade para financiar todo o que ministro Wert propón cargar sobre os profesores e os estudantes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar