Os recortes educativos de Feijóo son a peor estratexia contra o fracaso escolar

Os recortes educativos de Feijóo son a peor estratexia contra o fracaso escolar

Os recortes educativos de Feijóo son a peor estratexia contra o fracaso escolar

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, denunciou  que os recortes educativos de Feijóo e o conselleiro de Educación constitúen “a peor estratexia de loita contra o fracaso e o abandono escolar”. Meijón interpelará ao Goberno galego polas medidas de loita contra esta problemática, que en Galicia duplica á media da UE.

Meijón sinala que “os recortes que está a acometer o goberno de Feijóo na educación pública camiñan no sentido oposto ás recomendacións dos expertos para reducir as cifras de abandono e fracaso e achegarnos como mínimo á media comunitaria, cumprindo o obxectivo da Estratexia de Lisboa”. Hoxe Galicia ten unha taxa de fracaso escolar do 26 por cento, fronte ao 14,4 por cento da UE.

Criticou así a redución drástica de docentes nun curso que comezou con 3.000 alumnos mais pero 1.000 profesores menos, coa evidente diminución da calidade do ensino, xa que os mestres e mestras son “a mellor ferramenta que ten o sistema educativo para achegarnos a unha educación de excelencia”. Denunciou que en lugar de potencialo, Feijóo deixou de investir un total de 500 millóns de euros ao ensino dende o ano 2009.

Programas estrela

Engadiu que “tampouco parece de ningunha maneira lóxico neste contexto que, en canto aos programas estrela da Consellería, en Ensino Primario teñan moita maior implantación nos centros concertados das grandes cidades que en lugares onde serían absolutamente imprescindibles para reducir a fenda dixital, dotar ao alumnado de coñecementos en novas tecnoloxías e mellorar a aprendizaxe de idiomas estranxeiros”.

O parlamentario socialista sinala que o fracaso escolar constitúe “unha problemática complexa que afecta por igual a toda a sociedade”, polo que engadiu que, malia que Galicia atópase por riba da media de abandono escolar do Estado, “en ningún caso pode ser un argumento satisfactorio” por canto “seguimos a estar moi lonxe da media e os obxectivos da UE”.

Meijón sinalou que investir en educación en tempos de crise “non só é posible, senón que resulta imprescindible”, xa que o investimento en educación “é investir no Produto Interior Bruto do futuro do noso país”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar