Os recortes do PP en vacinación infantil poden poñer en risco aos menores galegos

Os recortes do PP en vacinación infantil poden poñer en risco aos menores galegos

Os recortes do PP en vacinación infantil poden poñer en risco aos menores galegos

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, advertiulle á Xunta que “o aforro e os recortes non poden poñer en risco aos nosos menores”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista para implantar a vacina da meninxite b no calendario infantil e para desbloquear a vacina da varicela nas farmacias, que foi rexeitada polo PP.

Acuña dixo que o PP “goberna de costas ás persoas e aos seus problemas e agora parece que tamén lle da as costas aos expertos e ás súas recomendacións” logo do “clamor” das asociacións médicas que recomendan a incorporación da vacina da meninxite e o adianto da da varicela á primeira infancia. Considera ao goberno galego “cegado” pola obsesión polos recortes, que lles levou a eliminar 4,4 millóns de euros do orzamento para vacinas.

A responsable socialista sinalou que “unha cousa é que non sexa rendible porque hai poucos casos e outra que non sexa necesario” dadas as graves consecuencias da meninxite tipo b e do risco de complicacións coa varicela. Puntualizou que “o que hoxe aforramos en vacinas mañá o gastamos en ingresos hospitalarios ou en ingresos para o coidado das secuelas graves destas enfermidades”.

Explicou que no caso da recente vacina da meninxite tipo b, a mais mortífera, permitiría previr o 80 por cento dos casos dunha enfermidade que resulta mortífera no 10 por cento dos casos e deixa graves secuelas no 30 por cento.

No caso da varicela, unha enfermidade aparentemente benigna, o risco radica nas complicacións que obrigan ao ingreso de un de cada seis casos e lembrou o caso da rapaza de 3 anos enferma de varicela que faleceu recentemente en Burgos. Criticou que a Xunta limite a súa administración aos 12 anos e aos ingresos hospitalarios e a teña retirado de tódalas farmacias galegas.

Carmen Acuña lembrou que tanto a Asociación Española de Pediatría como as distintas organizacións médicas recomendan a implantación da vacina da meninxite e o adianto da vacina da varicela. Lembrou que en Navarra “levan 5 anos case sen varicela, e os casos rexistrados non tiveron ningunha complicación”.

Mentres, na Xunta “asumen encantados da vida e sen rechistar” o calendario recortado que recomendou o Consello Interterritorial de Sanidade, que “propuxo homoxeneizar os calendarios de todo o Estado pola baixa, co da Comunidade Autónoma con menos vacinas”. Criticou que as vacinas “non lles interesan porque a lo menos por agora non son privatizables, e Feijóo prefire cousas mais vistosas como o Hospital privado de Vigo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar