Os recortes de Política Social na Coruña afectan á prestacion en tódolos centros da provincia

Os recortes de Política Social na Coruña afectan á prestacion en tódolos centros da provincia

Os recortes de Política Social na Coruña afectan á prestacion en tódolos centros da provincia

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, advertiu hoxe da “alarmante situación” que están a provocar os recortes da Consellería de Política Social nos centros dende 2010 da provincia de A Coruña, que afecta especialmente aos centros de maiores. O responsable socialista levou ao Pleno do Parlamento unha pregunta sobre as denuncias do Comité de Empresa diante do deterioro dos centros sociais.

Díaz Villoslada sinalou que a constante redución de orzamentos para persoal e centros “están a ameazar a calidade da prestación de servizos básicos” nesta provincia, un sector que emprega só en A Coruña a máis de 1.500 traballadores, un 95 por cento deles mulleres cunha alta taxa de temporalidade.

Sinalou neste sentido a redución de un millón de euros nos orzamentos do ano 2017 para a reforma de centros, ou a redución nun 40 por cento no programa de servizos sociais de atención a persoas maiores e con discapacidade dende o ano 2009.

Díaz Villoslada aludiu á suspensión de dereitos en materia de libranzas e descansos que orixina “un aumento alarmante de accidentes de traballo con baixa neste sector, provocando un deterioro na prestación de servizos”.

Acusou á Xunta de ter “totalmente abandonada a vertente social, no que se refire aos coidados dos usuarios dos centros”, deixar sen revisar os graos de validez ou invalidez para asignación de recursos e falta formación e protocolos de traballo para atender aos recentes ingresos por motivos de saúde mental.

Ademais apuntou a desatención ás demandas dos comités de empresa, que mesmo recorreron á Valedora do Pobo, quen respondeu dando traslado da demanda á Consellería.

O parlamentario socialista sinalou o estado do Centro de Atención a Dependentes de A Coruña, os centros de maiores Torrente Ballester de A Coruña e Virxe do Carme de Ferrol, ou o de Oleiros para “entender que a situación non debe seguir así”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar