Os recortes de Feijóo provocarán a perda do 40 por cento das axudas á Dependencia en Galicia

Os recortes de Feijóo provocarán a perda do 40 por cento das axudas á Dependencia en Galicia

Os recortes de Feijóo provocarán a perda do 40 por cento das axudas á Dependencia en Galicia

Carmen Gallego esíxelle á conselleira Mato que retire no Parlamento as súas acusacións sobre suposto uso irregular das axudas por parte dos beneficiarios.

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Carmen Gallego, alertou da perda do 40 por cento das prestacións para a dependencia “como promedio” logo dos recortes aplicados dende o goberno autonómico. A deputada socialista presentará unha interpelación no Pleno que comeza mañá para esixirlle á Xunta o cumprimento da Lei.

Carmen Gallego advertiu que Feijóo “segue o mesmo camiño de Rajoy para desmantelar a Lei da Dependencia pola vía dos feitos”, e por iso está a provocar o colapso do sistema, situando a Galicia nas peores cifras de todo o Estado, de acordo coas cifras do Observatorio Estatal para a Dependencia. Hoxe, tanto as solicitudes como os ditames atópanse por debaixo da media estatal.

Carmen Gallego sinala que Galicia destina menos gasto público á dependencia que o resto do Estdo, con 90,65 euros por habitante e ano fronte á media de 109,6 do conxunto do Estado. Ademais, é a terceira comunidade autónoma en dependentes desatendidos, tan só por diante de Canarias e Murcia.

Así, mentres a media estatal sitúase no 20 por cento, Galicia ten un 31,5 por cento, o tripla que comunidades autónomas próximas, como o caso de Asturias, que ten o 13,3 por cento.

Ademais, sinalou que, en contra das afirmacións de Feijóo, que se gaba de que Galicia atende a mais dependentes hoxe que en 2009, a realidade é que esta Comunidade Autónoma está a perder poboación atendida. Galicia perdeu nun ano un 1,59 por cento de persoas atendidas, fronte ao 1,5 por cento do conxunto do Estado.

Acusou ao presidente da Xunta de “mentir” ao sinalar que a prioridade da Xunta é atender aos grandes dependentes, cando a realidade evidencia a caída nun 9,63 por cento de persoas cun grao III de dependencia, preto do dobre da media estatal, un 5,95 por cento.

Paguiñas

Carmen Gallego esixiulle á conselleira de Benestar, Beatriz Mato, que utilice a interpelación que será debatida no Pleno do Parlamento que comeza mañá para retirar as súas acusacións sobre o suposto uso irregular das axudas por parte dos beneficiarios. Lembrou que estas contías, que foron cualificadas despectivamente como paguiñas pola conselleira, en moitas ocasións supoñen o sustento dunha familia.

A deputada socialista acusou a Feijóo e Mato de provocar que a “desesperación destas familias e destas persoas chegue a niveis insoportables”. Preguntou neste sentido “qué vai pasar cando o un de xaneiro se apliquen as novas valoracións da dependencia, as familias queden sen prestación e as persoas sen familia que as acolla vexan que a prestación non chega para pagar a residencia, vainos botar á rúa?”, rematou.

A deputada socialista explicou que, malia que Feijóo se esforce en responsabilizar a Zapatero, a realidade é que os problemas derivan do Real Decreto de Estabilidade Orzamentaria de Rajoy e da decisión de Feijóo de repetir as valoracións da dependencia para retirarlle a axuda ás persoas que xa a tiñan recoñecida. Mentres, lembrou, crece día a día a bolsa de persoas coa dependencia recoñecida pero que non reciben axudas.

Gallego esixiulle ao presidente da Xunta que “deixe de dicir mentiras e plantexe que a dependencia teña capital específico no acordo de financiamento autonómico, incluíndo o gasto por dependente”. Relamoulle que “traballe para garantir a viabilidade da dependencia e deixe de poñer cada día mais atrancos para a súa aplicación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar