Méndez Romeu: "Os recortes de Feijóo en capital humano amosan o sesgo ideolóxico do PP"

Méndez Romeu: "Os recortes de Feijóo en capital humano amosan o sesgo ideolóxico do PP"

Méndez Romeu: "Os recortes de Feijóo en capital humano amosan o sesgo ideolóxico do PP"

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu interveu no Pleno do Parlamento, presentou unha interpelación na que reclamou coñecer a estratexia da Xunta para mellorar o capital humano de Galicia.

Na súa intervención dixo que Galicia é rica en capital humano, e sinalou que este é un recurso que transformado en coñecemento produce efectos positivos, “tanto na captación de investimentos, na maior internalizacion das nosas empresas, na creación de servicios de calidade ou na innovación”.

Lembrou que a Estratexia 2020 da Unión Europea ou no último Foro Económico de Davos destacou que España debe implementar melloras na educación, xa que actualmente non ofrece as habilidades necesarias para unha economía de coñecemento. Por iso dixo que “o gasto educativo debe ser unha inversión e non gasto corrente”.

Méndez Romeu denunciou que a Xunta vai na dirección contraria a que apuntan tódolos indicadores e expertos sobre este asunto, “xa que reduce, recorta e suprime o investimentos en capital humano”, insistiu.

Asegurou que o Goberno de Feijoo disfraza os feitos xa que din con menos profesores haberá mais calidade educativa. Coas cifras na man dixo que en 2 anos de Goberno “minorouse o gasto en capital en humano en 212 millóns de euros, e 80 millóns deixáronse sen executar”. Mais polo miúdo explicou que os recortes pertencen “nun 8% no ensino universitario, e outro 8% no ensino non universitario, ademais dun 20% en actividades de investigación”, criticou.

Afirmou que estes recortes sinalan “unha visión ideolóxica da educación na nosa Comunidade”. Replicou que en Galicia o 61% da poboación activa so teñen estudios obrigatorios, 10 puntos menos que a media de España, 30 puntos menos que a media Europea e 35 puntos menos que a OCDE.

A partida para combater o abandono escolar caeu un 23%

Argumentou que ¼ dos que rematan a escolarización obrigatoria non obteñen o titulo mínimo, fronte a un 15% en Asturias, Navarra ou Pais Vasco. Ademais asegurou que a partida orzamentaria para combater o abandono escolar caeu un 23%. Explicou que o Informe Pisa sinala que estamos detrás de 9 Comunidades españolas.

Sobre o I+D denuncia que se reduciu un 20%, e as becas e contratos de investigación reducíronse un 50% no ano 2011, e no anterior non houbo ningún, renunciando así a converxencia con Europa. Advertiu que os investigadores galegos con 11 anos de antigüidade cobran 1.300 euros “e cobran cando a Xunta lle parece oportuno”.

Perdeuse unha Patente e ninguén asume responsabilidades

Tamén aludiu a perdida da única patente por parte do Goberno de Feijoo e preguntou “si esto é desidia ou é realmente a representación do que lle interesa a investigación”, proclamou. E insistiu nas súas criticas “perdeuse e ninguén dimitiu e neguen asume responsabilidades sobre este asunto”.

Afirmou que a folla de ruta educativa de Feijoo vai en contra do sistema publico igualitario e moderno e añoran os sistemas segregados “esto é o novo rostro do PP, estar a cola de Europa”. Dixo que o PP aposta pola segregación e non a igualdade educativa.

Lembrou que na pasada lexislatura contratáronse 1000 profesores, e 867 investigadores e o gasto por estudiante incrementouse nun 40%.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar