Os prexuízos e a hipocresía do PP impide a redución dos abortos en Galicia

Os prexuízos e a hipocresía do PP impide a redución dos abortos en Galicia

Os prexuízos e a hipocresía do PP impide a redución dos abortos en Galicia

A deputada socialista Marián Ferreiro criticou hoxe “os prexuízos e a hipocresía” demostrados polo PP con relación á educación sexual e á xestión dos Centros de Orientación Familiar –COF- impide que diminúa o número de abortos en Galicia ao mesmo ritmo que no resto do Estado. A deputada socialista presentou unha proposición non de Lei para a prevención de embarazos non desexados que foi vetada polo PP.

A deputada socialista explicou que, de acordo cos datos oficiais do Ministerio de Sanidade, en 2014 rexistráronse en Galicia 3.351 interrupcións de embarazo, dun total de 94.976 no conxunto do Estado. Ferreiro sinalou que a cifra global é a menor dos últimos nove anos, o que non sucede en Galicia pola alla de interese demostrada polo goberno do PP á hora de afrontar estas situacións.

Advertiu que a día de hoxe “falla a educación sexual nas escolas”, que está limitada á “información ofrecida no mellor dos casos a través dalgunha charla esporádica en algúns centros”, limitando que a información faia acompañada da necesaria “formación” que garanta cambio de actitudes. Hoxe os menores galegos e galegas están perigosamente desinformados, e “seguen acudindo á pornografía ou a amigos para informarse, coas eivas que iso supón”.

Ademais, dixo, “sucede que en Galicia os Centros de Orientación Familiar non existen como tales”, con equipos limitados nalgúns casos a “unha enfermeira, unha traballadora social e unha psicóloca”, lonxe dos equipos multidisciplinares “destinados a ofrecer unha atención integral no senso da educación afectivo – sexual a tódalas persoas”.

Sinalou que cos medios actuais son incapaces de afrontar unhas competencias concedidas no mesmo berce do Insalud, en 1984, grazas a que o goberno galego segue sen aprobar o marco normativo. “Non fan absolutamente nada”, sentenciou, cunha actitude “hipócrita, declarándose contrario ao aborto pero sen facer nada para que diminúa o número de embarazos non desexados en Galicia”.

Considera “lamentable que non poidan entender os medios que teñen á súa disposición e o pouco que os utilizan”, deixando aos centros desatendidos e facendo “o que queren os profesionais porque ninguén se preocupa deles”.

Iniciativa

A deputada socialista presentou unha iniciativa para reclamar unha campaña de prevención de embarazos non desexados dirixida a mozas e mozos, un proxecto educativo para fomentar a igualdade, prever a violencia de xénero e garantir unha adecuada educación afectivo – sexual, e aplicalo no próximo curso académico.

Tamén reclama un plan de viabilidade dos centros de planeamento familiar “no que se contemplen as súas prestacións e as funcións dos profesionais, así como a dotación dos recursos necesarios para potenciar os COF” e incluír “todo o referente á saúde afectivo sexual” nos plans estratéxicos do Goberno galego.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar