Os Presupostos Xerais son ineficaces, inxustos e inmorais para Galicia

Os Presupostos Xerais son ineficaces, inxustos e inmorais para Galicia

Os Presupostos Xerais son ineficaces, inxustos e inmorais para Galicia

Guillermo Meijón e Xaime Barreiro definen os PXE como ineficaces, inxustos e inmorais para Galicia. Censuran a complicidade de Rajoy e Feijóo na elaboración e apoio a uns presupostos que non teñen en conta os altísimos niveis de desemprego e de despoboamento de Galicia

Representan un gasto de 132M€. 37,5M€ para infraestruturas ferroviarias e 30M€ para as viarias. 20M€ para un Plan contra o lume, dos 36M€ propostos para Medio Ambiente. 14 M€para potenciación da Industria e o I+D+i e 7M€para Cultura

Ademais do cambio de dirección dos Presupostos, os socialistas achegan o xeito de financiamento. Propoñen a revisar as deducións e a fiscalidade das grandes fortunas, o gravame fiscal sobre as transaccións financeiras internacionais e loitar contra o fraude fiscal

Imagen 004O secretario de Economía da Executiva do PSdeG e o deputado Guillermo Meijón presentaron en Santiago as emendas dos socialistas galegos ós Presupostos Xerais do Estado. Os socialistas definen estes orzamentos como “ineficaces, inxustos e inmorais” para Galicia, apuntou Meijón. Censuran tamén a complicidade entre dous galegos, Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo na confección e apoio destes presupostos.

Os socialistas critican os PXE porque non van servir para saír da crise, non teñen en conta a situación de Galicia en termos de despoboamento ou de crecemento do desemprego por riba da media de España ou o feito de ter as pensións máis baixas do Estado. Salientan a inmoralidade dos mesmos porque provocan o desmantelamento do Estado de Benestar.

A política económica do Goberno estase a centrar na “ganancia da competitividade exterior só sobre a base do empobrecemento interior”, dixo Barreiro. Aínda que poida axudar ao Executivo de Rajoy a presentar algún dato positivo, para o conxunto da poboación ten consecuencias moi desfavorables, denuncia o responsable de Economía da Executiva do PSdeG.

Por iso, as emendas se centran en “poñerlle freo a este empobrecemento interior ou que os esforzos que se fagan no proceso produtivo non sexan exclusivamente a conta dos traballadores, que a crise non teña consecuencias sociais innecesarias”.

As emendas socialistas céntranse nunha política de reorientación da capacidade de gasto para atender ás políticas de creación de emprego, ás de impulso da actividade económica renovadora, os cambios no patrón de crecemento económico e a conservación do Estado do Benestar.

Os socialistas fixeron fincapé en que non só presentan as emendas “a lo loco”. Barreiro salientou que buscaron os recursos para financiar estas propostas a través de “políticas de saneamento dos ingresos”, sobre todo os fiscais. Propoñen actuar sobre a revisión dos sistemas de deducións, o gravame fiscal sobre as transaccións financeiras internacionais, a revisión da fiscalidade das grandes fortunas e a loita contra o fraude fiscal.

Os socialistas galegos rexistraron un total de 135 emendas cun investimento previsto duns 132M€. O grupo máis importante é o das infraestruturas ferroviarias porque, subliñou Guillermo Meijón, “apostar polas infraestruturas é apostar pola industria e o emprego e necesitamos este impulso para medrar”. Dedicaríanse 37,3 M€.

Para infraestruturas viarias, 30 M€. Un primeiro bloque de 15 M€ para grandes vías “que sempre que goberna o PP as continúan a atrasar”, como a A-57 de Pontevedra a Vigo, ou a autopista interior de Santiago a Lugo. E outros 15M€ dedicadas a seguridade viaria en pequenas vilas.

Os socialistas destinan 36 M€ nas emendas a Medio Ambiente, vinte dos mesmos para un Plan de Prevención de incendios. As emendas culturais lévanse 7 millóns de euros e as dedicadas a potenciación da industria e do I+D+i, con 14 M€.

Meijón debullou algunhas destas partidas. Así salientou que á autopista de Santiago a Lugo se destinan 5M€, 1M€ para a variante da Estrada, outro millón de euros para as variantes de Ordes, Sigüeiro e Oroso, e 3,5 M€ para a A-57. Das ferroviarias salientou tamén a petición de 600.000 euros para elaborar un Plan de Cercanías. Aspiran os socialistas a que se faga un plan do Transporte de Mercancías a través das redes transeuropeas por valor dun millón de euros. Para o AVE e o Eixo Atlántico 15 M€ de euros para cada un.

En industria as partidas mais sobranceiras serían a do dique flotante de Navantia, con cinco millóns de euros, e que se trata “dunha gran débeda do Estado con Ferrol” e en I+D+i a maior partida sería para investigación no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, por 4 M€e un Plan de Termalismo de 3 M€. Meijón salientou de xeito especial unha partida para Cultura, “modesta, de 300.000€”, para a Real Academia da Lingua”, e que xustificou porque o PP leva impedindo que se chegara ao millón de euros consignado no último goberno socialista.

A estas emendas hai que sumar, recorda o deputado pontevedrés, as relativas ás políticas sociais, que abarcan o emprego de calidade e non o resultante da política laboral de Rajoy e Feijóo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar