Os presupostos de Rajoy van condenar a España e a Galicia a máis recesión, máis paro e menos recaudación fiscal

Os presupostos de Rajoy van condenar a España e a Galicia a máis recesión, máis paro e menos recaudación fiscal

Os presupostos de Rajoy van condenar a España e a Galicia a máis recesión, máis paro e menos recaudación fiscal

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, salientou o recorte de case 300 millóns de euros en Fomento, a liquidación da Lei de Dependencia e o finiquito ao Plan eólico como algunhas das medidas máis prexudiciais para Galicia

García tamén destacou o tesoirazo por riba do 50% en sectores vitais da nosa economía como a Pesca, a Agricultura, o sector da Automoción

Os Presupostos de Rajoy introducen a Galicia nun bucle que consolida a recesión e onde se reducen os investimentos para Educación nun 35% e para a promoción de emprego nun 15%

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, fixo unha primeira valoración “a bote pronto” dos Presupostos aprobados hai poucas horas polo Consello de Ministros.

Nun primeiro achegamento ás cifras o senador socialista afirmou entender os motivos polos que os populares preferiron esperar a que remataran os comicios autonómicos en Andalucía e Asturias para dar a coñecer o seu proxecto de Presupostos do Estado.

A xuízo dos socialistas galegos, “estes presupostos van condenar a España e a Galicia a máis recesión, o que vai implicar máis desemprego, o que vai supoñer menos recadación e, por tanto, máis axustes que teremos que facer”, apuntou García como consecuencia da orientación dos orzamentos do Goberno de Rajoy.

No caso de Galicia, continúa o Secretario de Organización dos Socialistas galegos destaca a “importante baixada” dos orzamentos do Ministerio de Fomento, onde facendo o cálculo da porcentaxe que lle corresponde á nosa comunidade, serían uns 300 millóns de euros menos.

No relativo a aos sectores primarios “tan importantes para Galicia”, o recorte en fondos agrícolas e pesqueiros é do 50% e na lei de Desenvolvemento Rural, “practicamente desaparece”, cunha redución do 85% de investimento.

Sectores clave como a Automoción tampouco se libran das tesoiras, onde o vehículo eléctrico tamén sofre un recorte do seu apoio (-85%). O Centro Tecnolóxico, con moita influencia tamén neste sector, recórtase en máis do 50%.

Se “finiquita o Plan eólico”, engade Pablo García, e subliña que desaparecen as axudas ás enerxías renovables. O presidente Feijóo, “que leva tres anos falando do Plan eólico, xa non terá que falar máis, porque con estes Presupostos, xa non vai existir”, afirmou.

A educación sofre un tesoirazo do 35%, a lei de Dependencia “desaparece”, apunta o senador pontevedrés. Se falamos do desemprego, os fondos de políticas de fomento do emprego se reducen un 15%.

En definitiva, “estes presupostos consolidan a recesión”, o que para os socialistas representa “un bucle do que non damos saído: mais paro, máis recesión, menos recadación e máis axustes” .

Crecemento do PIB

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE valorou tamén o dato do crecemento do PIB en 2011, que se deu a coñecer hoxe. Para os socialistas, “non se van cubrir as espectativas de Núñez Feijóo, xa que segundo o CIS, imos medrar 4 décimas menos que a media estatal”. Pablo García aproveitou para lembrarlle ao titular do Executivo galego que, “cando Feijóo entrou a gobernar, Galicia crecía 4 décimas máis que a media estatal”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar